Foto: Designed by bearfotos / Freepik
HOLANDA CONSTRÚE A 1ª PLANTA FLOTANTE DE ENERXÍA SOLAR
A planta, situada a 15 km da costa, no Mar do Norte, pode xerar ata un 15% máis de electricidade que os situados en terra.
Imaxe da compañía Oceans of Energy dunha planta de enerxía que aproveita as mareas.
Foto: Oceans of Energy
É a 1ª planta flotante de enerxía solar, precisará 3 anos de traballos para estar lista. O director executivo de Oceans of Energy ( a firma onde xurdiu a idea ), sinala a necesidade de buscar alternativas enerxéticas cando a terra firme escasea, en augas abertas non se tentou antes polos efectos do vento e a ondada.
Os paneis fotovoltaicos serán como os de terra e probarase a súa resistencia ao auga salgada e as inclemencias do tempo.
Pero non só países como Holanda están á vangarda das enerxías renovables..
PROXECTO MAGALLANES, O FUTURO ESTÁ NA ENERXÍA DAS MAREAS
En Vigo levouse a cabo o Proxecto Magallanes, da man da empresa Magallanes Renovables, co obxectivo de deseñar e validar a mellor tecnoloxía para xerar enerxía a partir das correntes das mareas nas áreas do mundo máis aptas para elas.
Ilustración: Magallanes Renovables
A plataforma Magallanes Renovables, instalada na ría de Vigo, é o único proxecto español en fase avanzada de desenvolvemento que investiga a xeración eléctrica a partir da enerxía maremotriz.Unha soa destas plataformas podería cubrir o consumo dunhas 500 vivendas.
Funcionamento :
A plataforma está fixada ao fondo do mar por dous puntos de ancoraxe, un na proa e outro na popa. Unha vez amarrada, as correntes de marea fan virar as pas dos dous rotores. O movemento desas hélices produce o xiro dun eixo e, posteriormente, por medio dun xerador, dita enerxía mecánica convértese en electricidade.
Instalación en Vigo :
A ensamblaxe da plataforma tivo lugar no porto de Vigo, onde segue hoxe en día.
Fonte de información: