El Hierro en camiño de ser 100% renovable

Foto: El Mundo

A illa de El Hierro marca un hito ao lograr abastecerse durante 18 días seguidos con enerxía limpa

El Hierro, unha das illas máis pequenas de Canarias, na que aínda hai zonas onde non chegou o tendido eléctrico, empezouse a notar cada vez máis -xa sexa por necesidade ou conciencia ecolóxica- o interese polas enerxías renovables.

Preto da capital da illa levántase a central hidroeólica de Gorona do Vento, un proxecto innovador que converteu a El Hierro nun laboratorio de enerxías limpas.

Obxectivo do Proxecto Gorona do Vento

Xerar o 100% de enerxía limpa durante todo o ano é o obxectivo principal. En 2017, proporcionou o 47% da electricidade que se consumiu na illa.

Características do proxecto Gorona do Vento

Cinco aeroxeradores, dous depósitos de auga, catro turbinas hidráulicas e unha central de bombeo conforman o experimento renovable, que comezou no 2014.
Unha parte da enerxía que produce o parque eólico vai directamente aos clientes e outra a unhas bombas que suben auga desde un depósito inferior case ao nivel do mar a un superior a unha cota de 700 metros. Cando non hai vento, xérase electricidade co salto de auga dun encoro a outro. Grazas a este sistema a illa logrou abastecerse durante 18 días seguidos con enerxía 100% renovable.

Foto: El País

Deseño hidroeólico do Proxecto Gorona do Vento

Posúe unhas peculiaridades xeográficas tales como vales de coníferas, acantilados, arrecifes negros de lava volcánica e unha cima de montaña de 1500 metros que foron determinantes á hora de deseñar este complexo hidroeólico.

O cráter foi baleirado e convertido no depósito superior de auga e nos altos outeiros instaláronse os aeroxeradores capaces de xerar 11 megavatios para esta illa de menos de 11.000 habitantes.
Grazas a este proxecto, el Hierro a prescindido de 6.070 toneladas de diésel en 2017, equivalentes a 40.000 barrís de petróleo. Tamén reduciu as emisións de gas de efecto invernadoiro e achegou o seu granito de area na loita contra o cambio climático. Este é o comezo dunha nova etapa, ao colocar a illa no mapa internacional.

Fonte da noticia: El País

Comparte:
CATEGORÍAS: enerxía

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *