Xa temos gañadora do concurso “un ano de luz gratis” de A Vaquiña polo que vale!

Recibimos na nosa oficina de Vigo a visita da #gañadora do concurso. Parabéns!

Como sabedes, esta edición do concurso sorteaba un ano de luz gratis entre todos os clientes de XENERA Compañía Eléctrica. Trátase de María Jesús Cabalar Camba, veciña de Pontevedra, quen se amosou moi amable e ilusionada con poder gozar da electricidade da súa casa sen ter que pagar a factura durante un ano.

E ti? Que farías se che tocase a luz gratis durante un ano? Poñer a calefacción a lume de biqueira e convidar ós teus amigos a unha festa hawaiana?

Cóntanolo aquí ou no Facebook de A Vaquiña polo que vale. Recorda que contratando a túa electricidade con Xenera (marca comercial A Vaquiña) estarás pagando o precio maiorista e só 3 euros ó mes de xestión.

Non deixes pasar esta oportunidade e aproveita para baixala túa tarifa da luz. Máis información neste blogue ou contactando directamente con Xenera aquí.

Comparte:
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14679 (10) { ["term_id"]=> int(214) ["name"]=> string(7) "sorteos" ["slug"]=> string(7) "sorteos" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(214) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(2) ["filter"]=> string(3) "raw" }
sorteos

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *