Gadgets para aforrar na factura da luz

Dende fai uns poucos anos podemos gozar de diferentes trebellos que, controlados dende o noso smartphone, permítennos mellorar a eficiencia enerxéticas dos nosos fogares. Actualmente no mercado existen moitas posibilidades, por iso dende XENERA queremos facer unha selección daqueles gadgets para aforrar na factura da luz:

Wattio é unha empresa española que nos ofrece solucións para converter a nosa vivenda nun fogar intelixente. Dispoñen de solucións para ofrecernos confort ou eficiencia enerxética. Con Thermic teremos na nosa casa un termostato intelixente conectado ao noso smartphone, co que poderemos acender a calefacción dende o móbil. Conectado con IFTTT, un servizo web que permite crear e programar accións para automatizar diferentes tarefas e accións na internet, permítenos controlar a temperatura e programar regras de aceso e apagado.
Ademais, a súa solución de eficiencia enerxética, formada por Pod (enchufe intelixente) e Bat (monitor de electricidade que colocado no cadro eléctrico, permite controlar circuítos eléctricos ), permítenos recibir alertas ante consumos anómalos ou cortes de luz e acender e apagar os teus aparellos eléctricos dende o smartphone.

– TP-Link ofrécenos o HS110, un enchufe intelixente con WIFI que nos permite monitorar o que teñamos enchufado. Mediante a súa APP, podemos controlar dende o noso smartphone o que teñamos enchufado, permitindo o aceso ou apagado remoto mediante programación. Se nos imos de vacacións, este gadget permítenos o modo Fóra de Casa, que simula o aceso e apagado de luces para dar a sensación de que hai alguén habitando a vivenda.

Nest é outro termostato intelixente que aprende de nós. Durante unha semana de programación Nest tomará nota dos nosos hábitos para aprender deles e poñelos en funcionamento, variando a temperatura segundo o que lle indicaramos. Mediante sensores e a localización do noso smartphone, Nest apágase se detecta que estamos fóra de casa. Ademais, emite informes mensuais nos que detalla o aforro que conseguimos.

– Con Dio poderemos ter un control practicamente total de todos os elementos da nosa casa, dende a iluminación ata as persianas. Dispón dun panel central ao que podemos conectar diferentes sensores que nos permiten a automatización de persianas, iluminación e calefacción. Mesmo dispón de sensores de vixilancia e de control da rega do xardín.

Como podedes ver, hai múltiples solucións que nos permiten, cun pequeno investimento inicial, dotar aos nosos fogares de sistemas de control e aforro enerxético, coñecedes algún outro máis?

Comparte:
CATEGORÍAS: luz
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14681 (10) { ["term_id"]=> int(226) ["name"]=> string(4) "apps" ["slug"]=> string(4) "apps" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(226) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(2) ["filter"]=> string(3) "raw" }
apps
object(WP_Term)#14682 (10) { ["term_id"]=> int(249) ["name"]=> string(11) "factura luz" ["slug"]=> string(14) "factura-luz-gl" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(249) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(6) ["filter"]=> string(3) "raw" }
factura luz

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *