Fiestras solares para cubrir boa parte da demanda de electricidade dos Estados Unidos

Fiestras solares teñen potencial para cubrir boa parte da demanda de electricidade dos Estados Unidos

Investigadores da Michigan State University traballan nuns paneis transparentes que se poden usar como fiestras ó mesmo tempo que xeran electricidade.

A superficie acristalada dos Estados Unidos suma uns 7 billóns de metros cuadrados. Poñer toda esta superficie a producir electricidade pode supor unha importante fonte de xeración de enerxía.

A investigación está a dar bos resultados e predicen que en pouco tempo esta tecnoloxía de células solares en fiestras de edificios, coches, etc., e otros obxectos transparentes pode chegar a ser unha fonte de enerxía masiva.

“As células solares altamente transparentes son a última aplicación na tecnoloxía da enerxía solar”, comenta Richard Lunt, profesor de Enxeñería Química e Ciencia dos Materiais na Michigan State University. Comenta que “analizamo-lo seu potencial e mostra que tomando só luz invisible, estos aparellos poden ter un potencial de producción de electricidade similar ós teitos solares, ó mesmo tempo que poden dar máis funcionalidades para aumenta-la eficiencia de edificios, coches e dispositivos electrónicos móviles”.

O material está diseñado para captar só luz ultravioleta e casi infravermello. As versións comerciais destes novos paneis solares estaranse a comercializar nos próximos anos, comenta o profesor Lunt.

O cálculo do potencial desta nova tecnoloxía da uns resultados que, de comprobarse finalmente na realidade, son realmente abraiantes: cos sete billóns de metros cuadrados de superficie acristalada que hai instalada nos Estados Unidos poderíase cubrir un 40% das necesidades de enerxía do país. Pero non só esto: según os autores do estudio poderase chegar a prácticamente o 100% cando se millore a capacidade de almacenamente da enerxía.

No 2016 a enerxía solar foi un 1,4% do total da enerxía eléctrica xerada nos Estados Unidos, subindo desde un 0,1% no 2010. Ó mesmo tempo, o custo de instalar paneis solares tradicionais nos Estados Unidos caeu máis dun 70% desde 2010.

En Inglaterra esta porcentaxe sube ó 3,4% no 2016, a pesar de que a meteoroloxía neste país non é precisamente das máis soleada.

Mentres que en España a porcentaxe foi do 5,2% no mesmo ano.

Comparte:
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#13327 (10) { ["term_id"]=> int(223) ["name"]=> string(4) "EEUU" ["slug"]=> string(4) "eeuu" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(223) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(1) ["filter"]=> string(3) "raw" }
EEUU
object(WP_Term)#13407 (10) { ["term_id"]=> int(99) ["name"]=> string(20) "Enerxías renovables" ["slug"]=> string(19) "enerxias-renovables" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(99) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(1) ["filter"]=> string(3) "raw" }
Enerxías renovables

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *