XENERA e FE Seguros asinan un acordo e lanzan FE Energía

FE energía. Acuerdo entre XENERA y Fe Seguros

En XENERA chegamos a un acordo coa compañía aseguradora FE Seguros para que os seus clientes se beneficien de vantaxes exclusivas en luz e gas. Para iso, puxemos en marcha un novo produto específico para os seus asegurados: FE energía.

FE EnergíaEsta semana realizouse a firma do acordo de colaboración. Estiveron presentes Mario Covelo e Esteban Luis Sánchez, directores comerciais de FE Seguros e XENERA Compañía Eléctrica, respectivamente.

Directores comerciales de Fe Seguros y XENERA

Firma do acordo de colaboración. Á esquerda, Mario Covelo -Director Comercial de FE Seguros- e á dereita, Esteban Luís -Director Comercial de XENERA Compañía Eléctrica.

“É unha alianza entre dúas empresas con moitos puntos en común: oficina central na cidade de Vigo, orixe e longa traxectoria en Galicia, así como actividade en expansión en todo o territorio peninsular”, afirma Esteban Luis.

Comparte:
CATEGORÍAS: enerxía Xenera

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *