O teu novo modelo de factura de luz desde o 1 de xuño

Factura de luz

Por normativa europea, desde o 1 de xuño de 2021, cambiou a estrutura da factura de luz para tódolos consumidores. É un cambio que che inflúe, sexa cal sexa a túa compañía eléctrica.

 

En que consiste o cambio en DOMICILIOS E PYMES (contratos de luz con potencia contratada de ata 15 kW) 

 

Horarios de consumo

Desde o 1 de xuño tes 3 horarios para o teu consumo eléctrico. É importante que, na medida do posible, minimices o consumo de enerxía nos horarios en vermello (de luns a venres 10-14 e 18-22 horas).

De luns a venres Sábados, domingos e festivos nacionais

Punta, chan e val

ADAPTANDO OS TEUS HÁBITOS AFORRAR SERACHE MÁIS FÁCIL

Por exemplo, se pos unha lavadora en fin de semana ou ás 9 da mañá será máis barato que se o fas en hora punta.

*Festivos nacionais, definidos como tales no calendario oficial do ano correspondente. Excluídos tanto os festivos substituíbles como os que non teñen data fixa.

 

Normativa europea

A nova estrutura de factura de luz, establecida por normativa europea, fomenta:

cargar coche eléctrico factura luz detallada

 
Gústanos como o explica Manuel Amate, un referente no sector eléctrico, na súa popular canle de YouTube Domo Electra:

Como é o cambio para contratos de luz con potencia contratada superior a 15 kW (EMPRESAS)?

 

Horarios e tempadas

No caso de empresas con máis de 15 kW de potencia contratada, agora hai 6 períodos horarios (do P1 ao P6) ao longo do ano:

6 períodos de 3.0TD

Ademais, establécense 4 tempadas ao ano: alta, media alta, media e baixa. En cada tempada, de luns a venres, os períodos repártense así:

Tempadas e períodos 3.0TD

Os sábados, domingos e festivos* das catro tempadas, establécese o período P6 (o máis barato) durante tódalas horas do día (0-24 h).

*Festivos de ámbito nacional, definidos como tales no calendario oficial do ano correspondente. Excluídos tanto os festivos substituíbles como os que non teñen data fixa.

Normativa europea

Con estes cambios, establecidos por normativa europea, adaptando os teus hábitos aforrar serache máis fácil.

mujer ahorra

 

Cambios na potencia contratada para empresas +15kW

En lugar de 3 potencias contratadas agora tes 6 (Potencias de P1 a P6). Teñen que ser iguais ou ascendentes. Por defecto*, como establece a norma, aplicamos:

• A potencia que tiñas en P1 en P1.
• A potencia que tiñas en P2 en P2, P3, P4 e P5.
• A potencia que tiñas en P3 en P6.

*Salvo se con iso non se cumprise que sexan iguais ou ascendentes.

 

Aínda tes dúbidas sobre este cambio na estrutura da factura de luz? Chama ao noso teléfono gratuíto 900 600 116 e facilitámosche máis información.

Comparte:
CATEGORÍAS: luz
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14684 (10) { ["term_id"]=> int(382) ["name"]=> string(5) "2.0TD" ["slug"]=> string(8) "2-0td-gl" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(382) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(1) ["filter"]=> string(3) "raw" }
2.0TD
object(WP_Term)#14682 (10) { ["term_id"]=> int(383) ["name"]=> string(5) "3.0TD" ["slug"]=> string(8) "3-0td-gl" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(383) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(1) ["filter"]=> string(3) "raw" }
3.0TD
object(WP_Term)#14685 (10) { ["term_id"]=> int(249) ["name"]=> string(11) "factura luz" ["slug"]=> string(14) "factura-luz-gl" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(249) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(6) ["filter"]=> string(3) "raw" }
factura luz
object(WP_Term)#14687 (10) { ["term_id"]=> int(236) ["name"]=> string(11) "tarifas luz" ["slug"]=> string(14) "tarifas-luz-gl" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(236) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(4) ["filter"]=> string(3) "raw" }
tarifas luz

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *