España 2 – 4 Alemaña

ALEMAÑA ARREBATA A ESPAÑA O TRONO EUROPEO EN 2017

Alemaña por primeira vez na súa historia conseguiu que as súas renovables sexan máis produtivas e eficientes que as nosas tecnoloxías verdes. Sempre foramos máis produtivos ca eles ata o 2017, cando nos gañaron por goleada.

España en 2016 estaba nun 40% en renovables da súa demanda eléctrica, mentres que Alemaña no 34%. Ademáis a gran seca en España foi un factor clave.

Agora, Alemaña logrou cubrir con renovables o 38,5% da súa demanda eléctrica. España, pola súa banda, quedouse nun paupérrimo 33,8%. En anos anteriores, as diferenzas mesmo eran superiores pero a favor de España. Isto tradúcese nun récord de renovables en Alemaña, nunca produciran tanto. A alineación coa que conseguiu este récord está na seguinte imaxe:

 

alineacion renovables alemania

DIANTEIRO : EÓLICA

Alemaña conseguiu un récord de produción de 103,4 TWh durante todo o ano. Mentres tanto España un 47 TWh, igual que en 2016.

España anótase o tanto, España 1 – Alemaña 0.

MEDIOCENTRO: FOTOVOLTÁICA

Tamén conseguiu mellorar os datos coa enerxía fotovoltaica, incrementándose a súa produción nun 2% máis que en 2016. Con todo España, a pesar de que non se puxeron prácticamente placas fotovoltáicas nos últimos tres anos, incrementouse un 5% máis a súa producción, España anota.

España anótase o tanto, España 1 – Alemaña 1.

PORTERÍA: HIDRÁULICA

Alemaña xerou só un 4% do total da produción eléctrica. En canto a España, pola gran seca conseguiu un 7% do total.

España 2 – Alemaña 1.

DEFENSA: CARBÓN

O carbón xerou un total de 217,3 TWh, un 39,6% da demanda eléctrica de 2017, máis que todas as renovables xuntas e máis do dobre que só a eólica, en España o carbón foi o que máis achegou uns 42,5 TWh para cubrir o 17,3% da demanda. Alemaña empata o encontro.

España 2 – Alemaña 2.

LATERAL: BIOMASA

A biomasa produce máis electricidade que os paneis solares. A biomasa alcanza o 8,7% da demanda con 47,7TWh. En España é prácticamente inexistente.

España 2 – Alemaña 3.

ÁRBITRO: NUCLEAR

A nuclear en Alemaña, achegou 72 TWh, xerando un 10%, menos que o ano pasado. En cambio, en España segue sendo a principal fonte de enerxía eléctrica, remonta o encontro Alemaña.

España 2 – Alemaña 4.

 

grafica renovables alemania

 

En definitiva, Alemaña conseguiu por primeira vez na súa historia dobregar a España en renovables gañando así o partido. Toca poñerse as pilas para o seguinte encontro.

Comparte:
CATEGORÍAS: enerxía
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14684 (10) { ["term_id"]=> int(250) ["name"]=> string(20) "Enerxías renovables" ["slug"]=> string(22) "enerxias-renovables-gl" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(250) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(4) ["filter"]=> string(3) "raw" }
Enerxías renovables
object(WP_Term)#14685 (10) { ["term_id"]=> int(221) ["name"]=> string(7) "España" ["slug"]=> string(6) "espana" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(221) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(1) ["filter"]=> string(3) "raw" }
España

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *