As enerxías renovables contan cunha nova tecnoloxía que xa está completamente desenvolvida, a eólica flotante. Segundo informa El Periódico de la Energía, a patronal eólica europea WindEurope realizou un informe no que asegura que a eólica flotante pode dar o paso do I+D+i e das pases de probas, para comezar a desenvolver grandes proxectos nas nosas costas.
Segundo afirma Ivan Pineda, director de Asuntos Públicos de WindEurope, “a eólica flotante no mar xa non é un exercicio de I+D. A tecnoloxía desenvolveuse rapidamente nos últimos anos e agora está lista para ser totalmente comercializada en proxectos a gran escala por parte das eléctricas. A adición desta opción para o mercado significa máis enerxía eólica mariña e unha capacidade extra que teremos para cumprir cos obxectivos de 2030”.
As vantaxes que expón a eólica flotante con respecto á eólica mariña, que obriga á ancoraxe ao leito mariño, van desde que os muíños poden estar moi lonxe da costa, aproveitándose de mellores ventos que na costa, ata que haberá un menor impacto visual e non afectará tanto o tráfico mariño.
Calcúlase que a eólica flotante proporcionará uns recursos de 4.000GW de potencia en Europa, superando o conxunto dos recursos de EEUU e Xapón.
O lanzamento de varios proxectos de eólica flotante en Escocia, Francia, Reino Unido e Portugal provocará unha forte caída dos custos, sobre todo grazas a fórzaa d eles ventos nestas zonas. Calcúlase que para 2050 esta caída de custos podería superar o 50%.
Así mesmo, a eólica flotante desenvolverá unha caída importante dos seus custos nos próximos anos. Está previsto o lanzamento de varios proxectos en Escocia, Francia, Reino Unido e Portugal. Desta maneira, e grazas aos seus fortes ventos, a caída dos custos serán aínda maior da prevista. Podería ser mesmo dun 50% no mellor dos casos para 2050.
A eólica flotante xa é unha realidade. Será a terceira revolución da eólica tras a onshore e a offshore.