Enerxía eléctrica a partir da auga do mar

A potencia do mar: científicos descobren unha nova maneira de producir enerxía

O revolucionario método produce enerxía eléctrica a partir da auga do mar, coa axuda do sol. En vez de sacar hidróxeno, a nova célula fotoelectroquímica produce peróxido de hidróxeno para electricidade.

Enerxía mariña

Investigadores da Universidade de Osaka desenvolveron un método para converti-la auga do mar en peróxido de hidróxeno (H2O2) usando a luz solar, a partir do que se pode producir electricidade, almacenada en baterías. Sería unha nova enerxía alternativa, neste proceso de cambio ás “green energy”, que estamos a vivir a nivel mundial.

Este novo método ten como finalidade un mellor aproveitamento da enerxía solar. Para utiliza-la enerxía solar pola noite hai que almacena-la nalgunha forma de enerxía química, e usar ésta como combustible para producir electricidade. Para consegui-lo, as tecnoloxías anteriores baseábanse en extraer hidróxeno a partir de moléculas de auga doce. O problema é que este hidróxeno ten unha baixa tasa de conversión enerxética a partir do sol e é difícil de almacenar.

O novo proceso conta cunha nova célula fotoelectroquímica para producir H2O2 cando a luz do sol ilumina o fotocatalizador, que absorve os fotóns e inicia reaccións químicas con enerxía hasta producir H2O2.

Un test de 24 horas mostrou que a concentración de H2O2 no auga do mar é duns 48 mM (milimolar), frente a só 2 mM no caso da auga doce. Esto débese á concentración negativa do cloro presente na auga do mar, que favorece o proceso de fotocatálisis.

A pesar disto, o novo método aínda non é tan efectivo como outros procesos de captación solar, pero é un comenzo moi inovador a ter en conta de cara ó futuro. Os investigadores esperan aumenta-la eficiencia con mellores materiais así como disminuí-los custos. Esto podería levar a reemplaza-los actuais custosos sistemas de producción de H2O2 a partir de H2 (principalmente usando gas natural) e O2.

Comparte:
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#13326 (10) { ["term_id"]=> int(250) ["name"]=> string(20) "Enerxías renovables" ["slug"]=> string(22) "enerxias-renovables-gl" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(250) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(4) ["filter"]=> string(3) "raw" }
Enerxías renovables

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *