Adquirimos a Eléctrica de Melón para favorecer o desenvolvemento do rural galego e seguir crecendo na Comunidade

XENERA adquire a Eléctrica de Melón (Ourense)

XENERA continúa co seu proceso de crecemento e expansión, coa recente adquisición da Eléctrica de Melón (Ourense), a compañía que se encarga da distribución de enerxía eléctrica aos consumidores finais (fogares e empresas) deste municipio de máis de 1.200 habitantes, así como a boa parte dos municipios veciños de Ribadavia e A Cañiza.

O grupo levou a cabo esta acción co obxectivo de seguir impulsando o desenvolvemento das zonas rurais galegas -en moitas ocasións faltas de axudas públicas que favorezan o seu progreso económico e social- e de reforzar a súa presenza en Galicia.

A maior distribuidora eléctrica de capital 100% galego

A eléctrica de Melón é a sexta distribuidora eléctrica do grupo, que conta tamén coa Sociedade Electricista de Tui – S.E. T.A. (en Tui, Pontevedra), que foi a pioneira do grupo e leva en funcionamento máis de 120 anos, San Miguel (tamén en Ourense), Cerler (en Huesca), SERFSA (en Ribera del Fresno, Badaxoz) e O Progreso do Pirineo (no Pirineo Español, principalmente na provincia de Lleida, Cataluña). O nexo común destas distribuidoras é o feito de atoparse en localidades non demasiado extensas, que as grandes empresas enerxéticas non teñen especial interese en promover.

XENERA é a principal comercializadora 100% galega e, coa incorporación da Distribuidora Eléctrica de Melón, o grupo tamén representa a maior distribuidora eléctrica de capital totalmente galego.

Distribución de electricidade en España

A nivel nacional existen máis de 300 distribuidoras eléctricas e cada unha delas opera nunha área xeográfica determinada, segundo establece a lexislación europea e nacional en materia de funcionamento do sector eléctrico. Soamente cinco das distribuidoras dominan o mercado eléctrico español.

O feito de que a partir de agora XENERA vaia a xestionar a Distribuidora Eléctrica de Melón permite manter a independencia con respecto ás cinco distribuidoras dominantes, favorecendo unha xestión máis personalizada e próxima, e achegando máis axilidade nos trámites para o beneficio dos consumidores finais da zona.

Funcións das distribuidoras

As empresas distribuidoras son as encargadas de manter, ampliar e mellorar a rede de distribución eléctrica, é dicir a parte “física” da distribución de electricidade: cables, centros de transformación, acometidas, contadores…Polas súas redes flúe a electricidade que as empresas xeradoras inxectan e que as comercializadoras –como XENERA- adquiren para os seus clientes.

En definitiva, as distribuidoras son as responsables de garantir a subministración, reparar avarías e facer as lecturas dos contadores. O usuario final non pode cambiar de distribuidora, senón que estará suxeito á que lle corresponda por zona.
Comparte:
CATEGORÍAS: Galicia Xenera
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14842 (10) { ["term_id"]=> int(176) ["name"]=> string(13) "distribuidora" ["slug"]=> string(13) "distribuidora" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(176) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(5) ["filter"]=> string(3) "raw" }
distribuidora
object(WP_Term)#14843 (10) { ["term_id"]=> int(175) ["name"]=> string(7) "Ourense" ["slug"]=> string(7) "ourense" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(175) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(1) ["filter"]=> string(3) "raw" }
Ourense

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *