Día Mundial da Eficiencia Enerxética. Que podemos facer desde o fogar para contribuír?

5 de Marzo, Día Mundial da Eficiencia Enerxética

Como cada 5 de marzo, celébrase o Día Mundial da Eficiencia Enerxética. Esta iniciativa púxose en marcha en Austria no ano 1998, durante a celebración da Primeira Conferencia Internacional da Eficiencia Enerxética, que ten como finalidade a concienciación da sociedade sobre a importancia de reducir o consumo enerxético, cun uso razoable e sostible da enerxía.

Todos podemos aportar o noso gran de area para contribuír con esta causa e loitar contra o cambio climático. Por iso, propoñemos cinco pautas ou consellos para aplicar en casa e ser máis responsables co consumo enerxético:

1- Moito ollo co consumo dos electrodomésticos

Lembra a importancia das etiquetas enerxéticas dos electrodomésticos, xa que a maior parte do consumo enerxético do fogar provén deles. Cando teñas a necesidade de cambiar algún dos electrodomésticos, fíxate ben na clasificación enerxética ao mercalo, aínda que un eficiente pode resultar algo máis caro no momento de compralo, ao cabo do tempo supón un aforro para o peto e para o planeta.

Ten en conta, tamén, a importancia de encher o lavalouzas e a lavadora. Son algúns dos electrodomésticos que máis consumen, así que na medida do posible, prescinde da media carga.

Consumo electrodomésticos

2- Evita o consumo fantasma

Entre o 2 e o 11% do teu consumo anual de luz pode deberse ao modo en repouso ou stand-by. Este consumo “fantasma ou silencioso” pode evitarse desconectando por completo tódolos aparellos que o teñan. Como xa contamos en algunha ocasión, debes ter en conta que non son só os aparellos de piloto vermello. Hai outros, como o de aire acondicionado, que consumen electricidade ao estar enchufados, aínda que non estean activos.

Lembra cada día, antes de saír de casa, a importancia de desenchufar os aparellos eléctricos e electrónicos con modo repouso.

3- O illamento térmico importa

Para aforrar en calefacción é esencial ter un bo illamento término. Non deixes que a calor do fogar se escape polas portas e fiestras ou por un mal illamento en teitos, paredes ou no chan.

As fiestras de cristal dobre reducen case á metade a perda de calor, diminuíndo o consumo de calefacción e de electricidade. Unha boa opción poden ser as de PVC, xa que é un material non condutor, polo que é un illante natural.

O teito é a zona pola que máis calor se perde. Para o seu illamento é posible utilizar fibra mineral, como fibra de vidro ou la de pedra.

Cunhas boas prácticas de uso dos sistemas de calefacción e un correcto sistema de illamento, as vivendas poden conseguir facilmente ata un 50% de aforro no gasto de enerxía para a calefacción.

Na medida das posibilidades de cada un, é importante investir na mellora do illamento doméstico. Con pequenas reformas é posible lograr un grande aforro enerxético e económico.

4- Como é a túa iluminación?

Aforrar enerxía en iluminación non se trata só de cambiar de hábitos e acender ou apagar as luces cando corresponde. Ademais, debemos de ter clara a importancia de elixir lámpadas adecuadas para aforrar en iluminación. Todas as túas lámpadas son LED? Se aínda tes sistemas de iluminación doutro tipo é o momento de cambiar.

5- Reduce o uso de auga quente

Xa sexa ao lavar a louza ou ao ducharte, na medida do posible, minimiza o uso de auga quente.

Ten ben regulado o termóstato de auga quente e non te pases cos graos cando utilizas a lavadora. Apenas notarás diferencia e serás máis respectuoso/a co medio.


Cóntanos, valoras este tipo de iniciativas a nivel Mundial? Cales de estas pautas de aforro enerxético aplicas con regularidade?

Comparte:
CATEGORÍAS: aforro enerxía
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14686 (10) { ["term_id"]=> int(256) ["name"]=> string(9) "consellos" ["slug"]=> string(9) "consellos" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(256) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(1) ["filter"]=> string(3) "raw" }
consellos
object(WP_Term)#14687 (10) { ["term_id"]=> int(216) ["name"]=> string(22) "eficiencia enerxética" ["slug"]=> string(21) "eficiencia-enerxetica" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(216) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(3) ["filter"]=> string(3) "raw" }
eficiencia enerxética

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *