Día Mundial do Aforro de Enerxía: que podes facer para optimizar o consumo enerxético en casa?

Día Mundial del Ahorro de Energía

Hoxe celébrase o Día Mundial do Aforro de Enerxía, unha boa ocasión para analizar como inflúe o consumo de enerxía no importe das túas facturas de luz e para facer repaso ás medidas que podemos aplicar en casa para reducir o consumo enerxético.

Lembra que non só é unha cuestión de pagar menos, senón tamén de reducir a contaminación ambiental!

O consumo de enerxía nas facturas de luz

Nas túas facturas de luz hai unha parte variable, que depende do consumo de enerxía que se realice na túa vivenda.

Para que o importe das facturas de electricidade non sexa elevado, ademais de ter unha potencia contratada adecuada ás túas necesidades, é importante ter unha tarifa de luz cun prezo de enerxía óptimo, como é o caso de A Vaquiña polo que vale, coa que pagas a enerxía a prezo de custo por só 3 €/mes.

Vexamos un exemplo. Poñamos por caso que o prezo ao que se che cobra a enerxía coa tarifa de luz que tes contratada para a túa vivenda é 0,121255 €/kWh. Se nun mes consumes 100kWh, só pola enerxía consumida pagarás ao redor de 14 € IVE incluído. En cambio, se ese mes consumises 300kWh, xa estarías a pagar uns 44 € nesa parte variable da factura. Unha diferenza máis que considerable!

Aínda que a comercializadora coa que tes o contrato che cobre a enerxía a un prezo axustado, só está na túa man optimizar o consumo de enerxía na túa vivenda para que o importe da factura non se dispare.

Tes a luz contratada con outra compañía e non sabes se che están a cobrar un prezo de enerxía razoable? Queres que che fagamos unha comparativa personalizada de aforro?

→ Envíanos unha factura da túa compañía de luz por e-mail a info@xenera.com, preparamos a comparativa e enviámoscha para que valores. Sen compromiso!

Que podes facer para o aforro de enerxía na túa vivenda?

En varias ocasións xa che facilitamos consellos para que trates de reducir o consumo enerxético na túa vivenda. Repasamos os 10 básicos:

1. Desenchufa os aparellos que non esteas usando

Diversos estudos recollen que o stand-by ou modo repouso dalgúns electrodomésticos e dispositivos electrónicos pode supoñer do 2 ao 11% do teu gasto de luz anual.

desenchufar

2. Ao cociñar, utiliza a tapa e aforra os últimos minutos

3. Se vas mercar novos electrodomésticos aposta polos máis eficientes. Adoitan ser máis caros, pero é unha inversión que se recupera en pouco tempo.

4. Emprega a lavadora a plena carga e elixe temperaturas baixas

5. Moito ollo co frigorífico. É o electrodoméstico que máis consume, así que abre a porta só o tempo necesario, non metas comida quente nin poñas o selector de temperatura nun valor demasiado baixo.

6. Aproveita a luz natural

Tenta realizar as actividades para as que necesites maior luminosidade nos momentos do día en que entre máis luz natural en casa.

7. Ventila durante as horas de calor

8. Aposta pola iluminación LED

luz LED

9. Evita pasar o ferro a pezas de roupa soltas

10. Se tes unha tarifa de luz con discriminación horaria, aproveita o período val (no que o prezo da enerxía é máis barato).

Tamén pode ser unha boa idea mercar un medidor de consumo eléctrico, para unha análise máis detallada do consumo enerxético da túa vivenda. Con el, poderás saber canto consume cada electrodoméstico, un dispositivo electrónico en concreto (como o ordenador) ou a túa vivenda enteira e tomar decisións ao respecto para aforrar a máxima enerxía posible.

 

Cóntanos, aplicas estas ou outras medidas para reducir o consumo de enerxía na túa vivenda? Tes claro se o prezo ao que estás a pagar a enerxía coa tarifa que tes contratada é o idóneo?

Comparte:

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *