Xenera celebra o Día Mundial do aforro de Enerxía

Xenera aforro enerxía

21 DE OUTUBRO, DÍA MUNDIAL DO AFORRO DE ENERXÍA

 

Desde Xenera unímonos á celebración do Día Mundial do Aforro de Enerxía. Unha data na que se reivindican as vantaxes que supón o consumo eléctrico sostible para o planeta Terra.

Sen dúbida, a produción de enerxía renovable é esencial para unha economía sostible, pero aínda así, debemos tentar diminuír o gasto enerxético. Hoxe facemos un repaso sobre pequenos cambios no nosos hábitos que poden chegar a ser moi efectivos para reducir o consumo de enerxía.

 

CONSELLOS PARA AFORRAR ENERXÍA

1- Intenta asegurarte de que tes unha potencia contratada adecuada ás túas necesidades, e que non é superior ao que realmente necesitas.

2- Aposta polo baixo consumo. Escolle electrodomésticos que gasten menos, aqueles que teñen a etiqueta enerxética de categoría A+++.

3- Illamento térmico. A túa vivenda debe estar ben illada, isto supoñerá un menor uso tanto da calefacción como do aire acondicionado.

4- Utiliza sempre que poidas luz solar. É algo moi obvio que ás veces cústanos poñer en práctica. Non encendas as lámpadas de forma innecesaria cando hai luz solar.

5- Aproveita ao máximo a capacidade dos electrodomésticos. Especialmente aqueles que máis consomen como o forno, a lavadora ou a secadora. Tenta aproveitar toda a súa capacidade e evita utilizalos cando non estean cheos.

6- Evita o consumo pantasma. Lembra sempre desenchufar aqueles aparellos que non esteas a utilizar xa que poden consumir ata un 7% de enerxía se están conectados e non están a ser utilizados. Unha boa alternativa a esto é utilizar alargadores con interruptor para asegurarse de que están apagados.

7- Contrata unha tarifa de luz cun prezo xusto, como a tarifa A vaquiña polo que vale de Xenera, na que pagas a enerxía a prezo de mercado e con discriminación horaria.

 

Cóntanos, aplicas estas ou outras medidas para reducir o consumo de enerxía na túa vivenda?

Comparte:
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14688 (10) { ["term_id"]=> int(252) ["name"]=> string(24) "A Vaquiña polo que Vale" ["slug"]=> string(26) "a-vaquina-polo-que-vale-gl" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(252) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(71) "A vaquiña polo que vale é un produto de XENERA Compañía Eléctrica." ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(4) ["filter"]=> string(3) "raw" }
A Vaquiña polo que Vale
object(WP_Term)#14686 (10) { ["term_id"]=> int(236) ["name"]=> string(11) "tarifas luz" ["slug"]=> string(14) "tarifas-luz-gl" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(236) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(4) ["filter"]=> string(3) "raw" }
tarifas luz
object(WP_Term)#14690 (10) { ["term_id"]=> int(242) ["name"]=> string(6) "Xenera" ["slug"]=> string(6) "xenera" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(242) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(6) ["filter"]=> string(3) "raw" }
Xenera

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *