Sabes que hoxe se celebra o Día Internacional da Luz?

Día Internacional da Luz

Hoxe é o día dedicado a concienciar sobre a enorme relevancia da luz e os seus múltiples usos, así como de dar a coñecer a todas as persoas dedicadas a investigar e traballar coa luz por un futuro mellor.

Desde logo, sen luz non somos nada. A luz natural desempeña un papel esencial na nosa vida, achegándonos grandes beneficios.

Principais beneficios da luz para o ser humano

1. Sincroniza o noso ritmo circadiano, optimizando o funcionamento do corpo. Expoñernos á luz natural durante o día mitiga o impacto negativo da luz artificial pola noite e mellora o noso descanso nocturno.

2. Activa o noso cerebro e mantennos atentos.

3. Menos depresión. A luz aumenta a produción de serotonina, unha substancia química presente no noso corpo, que repercute no noso estado de ánimo.

No noso cerebro, a serotonina inflúe nos niveis de humor, ansiedade e felicidade.

4. Menos enfermidades autoinmunes e cardiovasculares. A luz solar achega as cantidades necesarias de vitamina D para fortalecer o sistema inmunolóxico, e a calor que se obtén ao expoñerse con moderación á luz solar estimula a circulación sanguínea e reduce o risco de padecer enfermidades cardíacas.

5. Mellor saúde visual. Múltiples estudos atopan relación entre pasar máis tempo en exteriores e presentar menores taxas de miopía.

6. A luz solar, cunha protección adecuada, é tamén moi saudable para a pel e os ósos.

A influencia da luz en diversas áreas

Non só trae consigo beneficios para o noso corpo e para os demais seres vivos. A luz influíu na nosa evolución en diversas áreas, como a medicina, a educación, a agricultura, a enerxía e a comunicación, entre outras.

Debémoslle tanto á luz, que ben se merece a súa propia celebración. Así, en agosto de 2017, a Conferencia Xeral da Unesco decidiu proclamar o 16 de maio Día Internacional da Luz ( DIL). O ano pasado celebrouse por primeira vez e, nesta segunda edición, Santiago de Compostela foi durante o día de onte a sede do Acto Central de celebración do DIL en España.

Este día de conmemoración investigadores e intelectuais examinan como as tecnoloxías baseadas na luz poden contribuír a enfrontar desafíos importantes en diversos campos.

Por que o 16 de maio? Porque nesta data tivo lugar a primeira emisión de luz láser. Concretamente, o 16 de maio do ano 1960 o enxeñeiro e físico Theodore Maiman logrou que un láser de rubí, construído por el, producise unha emisión estimulada de radiación.

Ter unha data para celebrar a nivel global a importancia de luz, permite a diversos sectores da sociedade participar en actividades por todo o mundo, coas que crear conciencia sobre a influencia da luz na evolución e na construción dun planeta mellor.


Cóntanos, xa sabías que o 16 de maio se celebra o Día Internacional da Luz? Realmente, valoras a súa influencia na túa día a día?

Comparte:
CATEGORÍAS: luz
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14666 (10) { ["term_id"]=> int(284) ["name"]=> string(9) "luz solar" ["slug"]=> string(9) "luz-solar" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(284) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(1) ["filter"]=> string(3) "raw" }
luz solar

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *