7 datos interesantes sobre a luz LED

luz LED

A luz LED é un invento revolucionario que nos permite aforrar enerxía e diñeiro. A súa longa duración e baixo consumo son claves para o seu éxito fronte a outras opcións. Tanto é así que se converteu nun elemento indispensable dentro e fóra do fogar (no alumado das cidades e estradas, en locais e industria, en instalacións deportivas, centros comerciais…). Vivimos rodeados de luces LED, pero canto sabemos realmente sobre elas?

1. Por que se chama LED?
O seu nome vén do inglés: Light-Emitting Diode, que se traduce como Díodo Emisor de Luz. Trátase dun dispositivo en cuxo interior hai un semicondutor que, ao ser atravesado por unha tensión continua, emite luz de forma eficiente e con alto rendemento.

2. Quen inventou o LED e cando?

Henry Joseph Round -enxeñeiro electrónico inglés- foi o primeiro teórico das luces LED.

O primeiro LED desenvolveuse en 1927 polo científico e inventor ruso Oleg Vladimírovich Lósev. Así nacía oficialmente o LED, pero non foi ata 1962 cando se comezou a utilizar, grazas a Nick Holonyak, quen desenvolveu o primeiro díodo luminescente vermello cando traballaba como científico asesor nun laboratorio de General Electric. Este primeiro LED vermello iniciou a revolución da sinalización. Foi utilizado como indicador de luz en dispositivos electrónicos, aínda que a súa emisión de luz era tenue e ineficiente.

No ano 1993 o xaponés Shuji Nakamura de Nichia desenvolveu o primeiro LED azul de alto brillo, así como un LED moi eficiente na gama de espectro verde. Posteriormente, deseñou tamén un LED branco. Grazas a iso, actualmente dispoñemos de luces LED de cores.

A primeira luz LED que saíu ao mercado -no ano 1997- foi de cor branca.

3. Cales son as principais vantaxes da luz LED?

Entre as súas vantaxes, fronte a outros sistemas de iluminación, destacan:

  • Eficiencia enerxética, cun consumo de ata un 85% menos de electricidade.
  • Maior vida útil. Duran máis tempo que outros tipos de lámpadas.
  • Aforro de enerxía, que se traduce en facturas de luz máis baixas.
  • Aceso instantáneo. Acéndese ao instante ao 100% da súa intensidade, sen parpadeos nin períodos de arranque.
  • É máis ecolóxica. Non só polo aforro enerxético, senón tamén polos compoñentes químicos que a forman. Non contén tungsteno nin mercurio. Ademais, reduce as emisións de CO2 nun 80%.
  • Baixa emisión de calor e mínimo mantemento.
  • Deseño compacto.
  • Reproduce as cores cunha gran fidelidade e existen diferentes tons de luz para axustarse a todo tipo de ambientes.

4. Por que aforramos máis coas luces LED?

A iluminación da vivenda é un factor importante a ter en conta para ser eficientes e aforrar na factura da luz. Neste sentido, as lámpadas de luz LED son a opción idónea.

As luces LED consumen moita menos enerxía que o sistema de iluminación tradicional (bombilla incandescente) e ata menos que as chamadas lámpadas de baixo consumo, que utilizan o mesmo principio que os tubos fluorescentes. É certo que comprar lámpadas LED é un investimento, xa que son máis caras que as tradicionais, pero a longo prazo o aforro é evidente pola súa durabilidade.

5. Canto duran?

Unha das vantaxes máis importantes da iluminación LED, en comparación cos sistemas tradicionais, é a súa vida útil. O LED promedio dura de 25.000 horas a 50.000 horas (aproximadamente entre 3 e 6 anos acendida as 24 horas do día), sen ben é certo que co uso van perdendo intensidade de forma progresiva.

6. Canto iluminan?

Unha das principais características da tecnoloxía LED é a súa eficacia luminosa. Produce maior cantidade de luz (lm/W ou lúmenes por vatio) que as tecnoloxías anteriores.

Aínda que hai quen opina que a luz LED “ilumina menos” ou que “a súa tonalidade é moi branca”, actualmente podemos atopar un amplo abanico de temperaturas; desde as máis frías (azul) ata as máis cálidas (amarelo), para que elixas o ton que máis che guste para iluminar cada estancia da túa vivenda ou negocio.

7. Onde se utilizan?

As súas aplicacións son moi diversas. Están presentes en gran cantidade de elementos da nosa vida cotiá: pantallas de móbiles, tablets, ordenadores e televisores, vehículos, electrodomésticos, elementos decorativos, todo tipo de sinalizacións e rótulos, equipos cirúrxicos…

Para o fogar existen distintos tipos de bombillas LED. Ata se comercializan as coñecidas como lámpadas intelixentes. Son bombillas LED ás que se lles incorporou algún tipo de conectividade para que poidan ser controladas de forma remota, xa sexa mediante unha aplicación ou cun sistema domótico.

 

Cóntanos, eras consciente de todos estes usos e vantaxes da luz LED?

Comparte:
CATEGORÍAS: luz
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14839 (10) { ["term_id"]=> int(355) ["name"]=> string(12) "iluminación" ["slug"]=> string(14) "iluminacion-gl" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(355) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(2) ["filter"]=> string(3) "raw" }
iluminación
object(WP_Term)#14837 (10) { ["term_id"]=> int(358) ["name"]=> string(9) "lámpadas" ["slug"]=> string(11) "lampadas-gl" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(358) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(1) ["filter"]=> string(3) "raw" }
lámpadas
object(WP_Term)#14841 (10) { ["term_id"]=> int(356) ["name"]=> string(3) "LED" ["slug"]=> string(6) "led-gl" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(356) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(1) ["filter"]=> string(3) "raw" }
LED

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *