Como ver o teu consumo eléctrico no contador de luz dixital

Contador de luz digital

As vivendas e locais cunha potencia eléctrica contratada igual ou inferior a 15 kW teñen instalado un contador de luz dixital.

Este considérase intelixente ou ‘ smart meter ao estar activa a telexestión ou telemedida. Que quere dicir isto? Que o contador está conectado á rede, permitindo que a distribuidora de luz da túa zona reciba en remoto información sobre o teu consumo cada hora. Con este sistema, a distribuidora pode tomar as lecturas do contador de luz a distancia e de forma máis precisa.

O contador de luz dixital mostra o consumo realizado nunha pequena pantalla, pero a maior parte de usuarios non saben interpretar a información que ofrece. Por iso, imos explicar como podes atopar o teu consumo eléctrico nel.

Ler o consumo no teu contador dixital

Mentres nos contadores analóxicos era suficiente con anotar os únicos díxitos que mostraban, o contador dixital ofrece moitos máis datos. Aínda que existen varios modelos, a maioría funcionan de forma semellante.

Xeralmente, amósase unha información en pantalla que vai rotando cada pouco tempo, sen que teñas necesidade de pulsar nada para poder visualizar o teu consumo eléctrico. En cambio, en determinados modelos, para atopar a lectura de consumo é necesario pulsar un botón (xeralmente grande e de cor rechamante), que está na parte frontal.

Teñas que pulsar ou non, deberás prestar atención a diversos códigos.

Os modelos de contador máis habituais en Galicia, mostran os seguintes códigos, tanto coa tarifa con discriminación horaria, coma se se ten a tarifa sen discriminación horaria:

• 1.18.1: Lectura en kWh do período Punta (actualmente este período é de 22 a 12 horas. Cando se cambia a hora é de 23 a 13 horas).
• 1.18.2: Lectura en kWh do período Val (actualmente de 12 a 22 horas. Co cambio de hora é de 13 a 23 horas).
• 1.18.0: Consumo total en kWh. É a suma dos valores dos códigos anteriores (1.18.1 + 1.18.2).

En cambio, hai contadores que non ofrecen toda esta información a clientes que non teñen contratada a tarifa con discriminación horaria. Se fose o teu caso, o teu consumo total pode aparecer como 1.18.1 ou como 1.18.0 (segundo o modelo).

Para saber a lectura total do mes, terás que restar ao total actual o total do mes anterior.

Partes do contador de luz dixital

Sabes que? Nas tarifas con discriminación horaria, no período punta o kWh é máis caro e no período val o kWh é máis barato. En cambio, nas tarifas sen discriminación horaria o kWh págase ao mesmo prezo as 24 horas do día.

Se tes contratada unha tarifa sen discriminación horaria e, ao ler o consumo no teu contador dixital, comprobas que hai máis kWh xunto ao código 1.18.2 que xunto ao 1.18.1 é recomendable que cambies de tarifa. Neste caso, estás a consumir máis enerxía no período val que en punta. Se vas manter os teus hábitos de consumo eléctrico como ata o de agora, coa discriminación horaria conseguirás aforrar na túa factura.

No teu contador si tes que pulsar un botón para acceder aos datos de consumo?

Neste caso debes ter en conta que, á hora de pulsar o botón, hai dúas formas de facelo: cunha pulsación simple no botón (clic curto) ou ben manténdoo pulsado durante uns 2 segundos (clic longo).

Con clics longos accédese aos diferentes niveis dentro do menú do contador. En cambio, para navegar dentro dun mesmo nivel, fanse clics curtos para que vaian cambiando os datos dese nivel en concreto. Se non fas nada durante varios segundos, o contador volverá automaticamente á pantalla de inicio.

Acceder á información do teu consumo por Internet

Na páxina web de moitas distribuidoras de luz (non da túa comercializadora) é posible acceder á información sobre o consumo realizado. Comprobarás que o teu contador dixital rexistra o teu consumo cada hora e, así, poderás tomar o control sobre el e aplicar medidas de aforro, se o consideras necesario.

Segues tendo dúbidas sobre o teu contador dixital? Podes poñerte en contacto coa túa distribuidora para solicitar máis información.

Comparte:
CATEGORÍAS: luz
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14679 (10) { ["term_id"]=> int(327) ["name"]=> string(12) "contador luz" ["slug"]=> string(15) "contador-luz-gl" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(327) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(2) ["filter"]=> string(3) "raw" }
contador luz
object(WP_Term)#14677 (10) { ["term_id"]=> int(183) ["name"]=> string(23) "discriminación horaria" ["slug"]=> string(22) "discriminacion-horaria" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(183) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(3) ["filter"]=> string(3) "raw" }
discriminación horaria
object(WP_Term)#14681 (10) { ["term_id"]=> int(335) ["name"]=> string(16) "lectura contador" ["slug"]=> string(16) "lectura-contador" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(335) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(2) ["filter"]=> string(3) "raw" }
lectura contador

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *