Foto: solarvatio.
AS CELAS SOLARES DE PEROVSKITA PROMETEN REVOLUCIONAR O MUNDO DA ENERXÍA FOTOVOLTAICA
Nos últimos anos, as células fabricadas cun material cristalino en alza, a perovskita, achegáronse rapidamente aos niveis de eficiencia do silicio, que dominou o mercado dos paneis solares durante décadas.
A Cela Solar de Perovskita debe o seu nome á estrutura cristalina que posúe o material do que se compón principalmente a cela, é dicir, a como se ordenan os seus átomos. Caracterízanse por absorber gran parte da luz do sol e transformala en enerxía eléctrica moi eficientemente.
O que realmente fai das Perovskitas unha tecnoloxía cun verdadeiro potencial comercial é que poden sintetizarse a baixas temperaturas, o que augura un custo menor. As súas peliculas son flexibles e coloreadas, polo que se prestan a un abanico máis amplo de aplicacións que as de silicio, ríxidas e opacas.
Foto: solarvatio
Grazas a unha colaboración entre a Universidade de Sevilla, o CSIC e a Universidade de Oxford logrouse prover ás celas de perovskita con cor a medida, a partir dun complexo pero económico deseño óptico.
O dispositivo é transparente en case todo o espectro, permitindo que o material tipo perovskita poida seguir absorbendo unha gran cantidade de enerxía solar e así producir enerxía eléctrica de forma eficiente.
Con todo, aínda persisten grandes desafíos. As células de perovskita deben protexerse da humidade, degrádanse con facilidade e conteñen chumbo, un material tóxico.
Para que pode ser utilizada?
LEDs ou fotodetectores, os avances son tan veloces que auguran a produción dos primeiros paneis solares comerciais para finais da presente década. Deste xeito, a perovskita é xa un serio candidato como material de futuro para a produción de enerxía limpa a baixo custo económico.
Fonte de información: