Como reducir o consumo de electricidade en vacacións

Reducir el consumo de electricidad en vacaciones

Durante as túas vacacións podes reducir considerablemente a factura da luz. Só tes que ser un pouco previsor e aplicar certas medidas antes de saír de casa. Bota unha ollada aos consellos que che propoñemos para evitar que a túa vivenda siga consumindo máis electricidade da necesaria cando está baleira.

Con estas pautas, conseguirás reducir o importe da parte variable da túa factura da luz, que é a que se corresponde coa enerxía consumida. 

Que facer co frigorífico?

Planifica as túas comidas pouco antes de que cheguen as túas vacacións para tratar de deixar o frigorífico baleiro e poder desconectalo. Pode que che pareza complexo ter que consumir todos os produtos, pero merece a pena. Ten en conta que este electrodoméstico é o que máis consome, en torno ao 30% da electricidade da túa vivenda. É importante que baleires a neveira e deixes a porta totalmente aberta para evitar os malos cheiros e a proliferación de mofos.

Se te vas poucos días e non che apetece baleirar a neveira, tamén podes optar por cambiar os º C do termostato, deixándoo na posición de menos frío, o que che permitirá conservar os alimentos e conseguir un aforro de ao redor dun 6% de enerxía por cada grao que aumentes.

friogrifico

En stand-by tamén hai consumo de electricidade

modo en repouso ou stand-by dalgúns electrodomésticos e dispositivos electrónicos pode supoñer entre o 2 e o 11% do teu gasto de luz anual. Este consumo “silencioso” pode evitarse desconectando por completo todos os aparellos que o teñan. Neste sentido, debemos destacar que os aparellos en modo repouso ou stand-by non son só os de piloto vermello, senón que tamén hai outros, como o de aire acondicionado, que consomen electricidade ao estar enchufados, aínda que non estean activos.

Desenchufar os aparellos eléctricos e electrónicos con modo en repouso antes de saír de casa é un bo hábito xa non só para o momento en que che vas de vacacións, senón tamén no teu día a día.

 

O stand-by creouse para que resultase máis rápido acender algúns electrodomésticos que necesitaban un quecemento previo, como o televisor. Actualmente utilízase en todo tipo de dispositivos. Os aparellos tecnolóxicos non só usan este modo para acenderse máis rápido, senón que ademais están conectados permanentemente a Internet para descargar en segundo plano, como ocorre coas consolas, ou emitir notificacións, como sucede cos smartphones e tablets.

Entre os electrodomésticos que máis consomen en modo stand-by atópanse os televisores, consolas, decodificadores TDT, discos duros, aparellos de aire acondicionado, computadores e impresoras.

Existen enchufes intelixentes, que se apagan cun mando a distancia, evitando que teñas que agacharche ou acceder á parte de atrás dos mobles para desconectalos.

Máximo aforro desactivando o cadro eléctrico

Se queres que a redución do consumo eléctrico do teu fogar mentres estás de vacacións sexa máxima, ademais de baleirar o frigorífico, apaga os chumbos antes de irte de casa. Así terás a garantía de que o consumo eléctrico dos aparellos do teu fogar durante o teu período vacacional é cero.

Cóntanos, tomas estas ou outras medidas para reducir o teu consumo de electricidade mentres estás de vacacións?

Comparte:
CATEGORÍAS: luz
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14680 (10) { ["term_id"]=> int(249) ["name"]=> string(11) "factura luz" ["slug"]=> string(14) "factura-luz-gl" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(249) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(6) ["filter"]=> string(3) "raw" }
factura luz

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *