Comercializadora e distribuidora de gas: cal é a súa función?

distribuidora de gas

Hai tempo que vos explicamos a diferenza entre comercializadora e distribuidora de luz. No caso do gas tamén ocorre que distribuidora e comercializadora de gas son empresas distintas, con diferentes funcións. En liñas xerais, a distribuidora de gas natural garante o mantemento da rede e leva o gas ata o teu punto de subministración (fogar ou empresa). Non podes elixila, senón que che corresponde unha distribuidora en concreto, en función da zona xeográfica. A administración establece un único distribuidor para cada área.

En cambio, si podes elixir a comercializadora de gas coa que queres facer o contrato. É a empresa que ofrece tarifas de gas -cunhas condicións, prezos e descontos determinados- e é a responsable de emitirche as facturas de gas. É o caso de XENERA.

Vexamos con máis detalle as diferenzas entre estas empresas:

A distribuidora de gas

Encárgase de tres cuestións fundamentais: produción, aprovisionamento e distribución de gas. A produción, como o seu propio nome indica, supón obter o gas a partir dos distintos xacementos, mentres que o aprovisionamento e a distribución garanten o almacenamento e subministración.

É a única empresa responsable dos contadores de gas natural (só ela e o cliente final poden ter acceso ao contador. Nunca a comercializadora). Polo tanto, é a distribuidora quen traslada á comercializadora as lecturas de gas dos contadores.

Tamén abarca o mantemento (atención de avarías) e a expansión da rede de gas natural en todo o territorio español, ademais de realizar as inspeccións periódicas que certifican a seguridade das instalacións de gas.

As principais funcións da distribuidora de gas son:

  • Activación do servizo trala comprobación das instalacións en novos contratos.
  • Lectura do contador de gas natural, que facilita á comercializadora para que poida facturar.
  • Atención en caso de emerxencia.
  • Instalación, activación do servizo e inspeccións periódicas na Instalación Receptora Común (IRC) de comunidades de veciños.
  • Inspeccións periódicas das instalacións de gas dos clientes.
  • Instalación de gas natural en vivendas se así o require o cliente.

Para solicitar a conexión do teu fogar á rede de distribución de gas, antes de nada debes contactar coa distribuidora de gas para que che facilite o teu número CUPS de gas. Unha vez teñas este número, podes firmar o contrato de alta de gas coa comercializadora que desexes.

Na península existen 5 distribuidoras de gas predominantesNedgiaNortegasRedexisGas ExtremaduraMadrileña Red de Gas. Os números CUPS de cada unha delas, maioritariamente comezan do siguiente modo:

  • Nedgia: ES0230 – ES0203 – ES0218 – ES0220 – ES0221 – ES0222 – ES0223 – ES0224 – ES0226 – ES0227
  • Nortegas: ES0229 – ES0201 – ES0211
  • Redexis: ES020833 – ES0225 – ES020517 – ES020618
  • Gas Extremadura: ES0207
  • Madrileña Red de Gas: ES0234

Distribúense xeográficamente do seguinte xeito:

Mapa distribuidoras gas

Contan cos siguientes teléfonos de contacto:

Avarías Atención ao cliente Aportar lecturas gas
Nedgia 900 750 750 900 100 252 900 770 770
Nortegas 900 400 523 900 902 933 900 902 934
Redexis Gas 900 924 622 900 811 339 800 760 577
Gas Extremadura 900 649 416 924 24 84 84 900 649 416
Madrileña Red de Gas 900 601 010 900 544 820 900 373 709

A comercializadora de gas

En España existen varias empresas comercializadoras de gas, entre as que se atopa XENERA. A comercializadora de gas é a empresa coa que o consumidor/a contrata unha tarifa de gas concreta. Pódese elixir e cambiar.

Principais funcións da comercializadora de gas:

  • Compra do gas que se subministrará aos fogares ou negocios.
  • Coordinación coa empresa distribuidora para a correcta subministración do gas.
  • Xestión de contratos de alta de gas e de cambio de comercializadora de gas. Encárgase de todo o proceso.
  • Establece as súas tarifas de gas.
  • Emite a factura de gas aos seus clientes.
  • Facilita aos seus clientes a información que precisen sobre o seu contrato e facturas de gas.
  • Pode ofrecer servicios adicionais de revisións da instalación ou de avarías.

Ao ser a empresa que lle factura ao cliente, os cobros da distribuidora repercútense ao cliente a través da comercializadora (como os dereitos de acometida e de alta, o canon de finca ou IRC, etc.), pero a comercializadora non se beneficia deles.


Cóntanos, sabías que existen estes dous tipos de empresa e de que se encarga cada unha? Tes claro agora cal é a túa distribuidora e cal a túa comercializadora de gas?

Comparte:
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14838 (10) { ["term_id"]=> int(317) ["name"]=> string(23) "comercializadora de gas" ["slug"]=> string(23) "comercializadora-de-gas" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(317) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(3) ["filter"]=> string(3) "raw" }
comercializadora de gas
object(WP_Term)#14839 (10) { ["term_id"]=> int(176) ["name"]=> string(13) "distribuidora" ["slug"]=> string(13) "distribuidora" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(176) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(5) ["filter"]=> string(3) "raw" }
distribuidora

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *