Aforrar no consumo eléctrico coa iluminación LED

Aforrar no consumo eléctrico é posible coa iluminación LED que consume aproximadamente unhas dez veces menos que unha bombilla incandescente tradicional e dura bastante máis. O problema é que tamén é bastante máis cara. Vamos a poñer un exemplo con números para ver cando nos empeza a compensar cambiar a LED, desde o punto de vista do aforro.

Poñámo-lo caso dunha instalación de 10 bombillas tradicionais de 60 W, frente a bombillas LED de 7 W. A tabla seguinte mostra o gasto e aforro dunha bombilla de cada tipo:

Tipo

Potencia W

Horas uso día

Días mes

Consumo mes kWh

Precio kW

Gasto total

Aforro EUR

Aforro %

Incandescente

60

6

31

11,16

0,17

1,8972

0

0%

LED

7

6

31

1,302

0,17

0,2213

1,6759

88%

Vemos que o aforro dunha bombilla LED durante un mes, cun uso de 6 horas ó día, é de 1,6 Eur. Estamos a falar dunha instalación de 10 bombillas, co que o aforro pasa a ser de 16 Eur ó mes. Nun ano son 192 Eur.

Pero ¿e os custos?

O precio das bombillas normais LED está entre uns 5 e 15 Eur. Poñamos que nos custa 10 Eur. As 10 bombillas sálennos en 100 Eur. Polo tanto en algo máis de 6 meses xa nos compensaría a inversión nos LED, en canto ó aforro de enerxía.

Por outro lado, a vida útil dos LED é moi superior ó da bombilla tradicional (20.000 horas, como mínimo, frente a 1.200 horas). A duración das 20.000 horas (usándoas, como vimos facendo neste exemplo, 6 horas por día) ven sendo algo máis de 9 anos. Así que coa inversión inicial de 100 Eur imos conseguir un aforro enerxético de máis de 1.700 Eur nos nove anos.

Aparte deso tamén imos aforrar no cambio de bombillas. As 1.200 horas da bombilla tradicional son uns 6 meses de duración. Así que en 9 anos cambiaríamos 18 veces as bombillas. Se cada unha nos custa ó redor de 1.5 Eur, por 10 bombillas cada vez, poñémonos nun gasto adicional de 270 Eur. Aparte do incordio de cambia-las bombillas cada pouco.

Ademáis

Tamén hai que contar con que o LED emite bastante menos calor e proporciona unha luz máis uniforme; ofrece tamén máis posibilidades de regula-la para diferentes usos, así como máis opcións de tonos e tipos de color.

En definitiva, cada vez máis compensa pasarse ó LED.

 

Comparte:
CATEGORÍAS: luz
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14773 (10) { ["term_id"]=> int(58) ["name"]=> string(12) "iluminación" ["slug"]=> string(11) "iluminacion" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(58) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(33) "Publicaciones sobre iluminación." ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(8) ["filter"]=> string(3) "raw" }
iluminación

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *