Canta potencia eléctrica necesitas contratar realmente?

Depende do consumo de cada vivenda. Aquí vai influir:

  1. O tipo de electodomésticos que teñamos, sabendo que aqueles que emiten frío ou calor gastan máis.
  2. De cómo os utilicemos. Unha lavadora en frío consume aproximadamente un 10% da súa potencia.
  3. Cántas persoas viven na casa.
  4. Cantos aparatos funcionan ó mismo tempo.

Para facernos unha idea de cánta potencia necesitamos, sumámo-la potencia en kW de tódolos electrodomésticos de mayor potencia, máis 1 kW para contar ós de menos potencia. Unha vez temos o total podemos dividir esta cantidade entre tres, pensando que non todos van a funcionar ó mesmo tempo. Ou calculamos cales son os que sabemos que sí van funcionar ó mesmo tempo, e de ahí estimamos unha cantidade.

Con esto temos unha idea da potencia que necesitamos. De tódolos xeitos, se a cantidade que resulta é moi inferior á potencia actual contratada, repasa o resultado. Se pasado un ano ves que non saltan os plomos podes volver a pedir unha baixada de potencia. Esto tamén ten que ver con cómo usas os teus electrodomésticos: se consegues que traballen alternativamente necesitarás menos potencia e aforrarás enerxía.

A continuación tes unha tabla coa estimación da potencia de cada aparato, pero para te-la cifra exacta terás que ve-lo no propio aparato:

Electrodoméstico Potencia
Frigorífico 250 – 350 W (0,250 – 0,350 KW)
Microondas 900 – 1500 W (0,900 – 1,500 KW)
Lavadora 1500 – 2200 W (1,500 – 2,200 KW)
Lavavaixelas 1500 – 2200 W (1,500 – 2,200 KW)
Forno 1200 – 2200 W (1,200 – 2,200 KW)
Vitrocerámica 900 – 2000 W (0,900 – 2,000 KW)
Televisor 150 – 400 W (0,150 – 0,400 KW)
Aire acondicionado 900 – 2000 W (0,900 – 2,000 KW)
Calefacción eléctrica 1000 – 2500 W (1,000 – 2,500 KW)
Calefacción eléctrica de baixo consumo 400 – 800 W (0,400 – 0,800 KW)

Unha vez que teñas a suma podes escoller na seguinte tabla a potencia que máis se axusta ás túas necesidades. Estes son os tramos de potencia que se poden contratar hoxe (cambiaron no 2006) para unha instalación monofásica, a da maioría dos fogares:

Tramos de potencia (en kilovatios: kW)

1.15 – 2.3 – 3.45 – 4.6 – 5.75 – 6.9 – 8.05 – 9.2 – 10.35 – 11.50 – 14.49

Comparte:
CATEGORÍAS: luz
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14681 (10) { ["term_id"]=> int(249) ["name"]=> string(11) "factura luz" ["slug"]=> string(14) "factura-luz-gl" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(249) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(6) ["filter"]=> string(3) "raw" }
factura luz
object(WP_Term)#14682 (10) { ["term_id"]=> int(225) ["name"]=> string(19) "potencia eléctrica" ["slug"]=> string(18) "potencia-electrica" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(225) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(1) ["filter"]=> string(3) "raw" }
potencia eléctrica

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *