Depende do consumo de cada vivenda. Aquí vai influir:
- O tipo de electodomésticos que teñamos, sabendo que aqueles que emiten frío ou calor gastan máis.
- De cómo os utilicemos. Unha lavadora en frío consume aproximadamente un 10% da súa potencia.
- Cántas persoas viven na casa.
- Cantos aparatos funcionan ó mismo tempo.
Para facernos unha idea de cánta potencia necesitamos, sumámo-la potencia en kW de tódolos electrodomésticos de mayor potencia, máis 1 kW para contar ós de menos potencia. Unha vez temos o total podemos dividir esta cantidade entre tres, pensando que non todos van a funcionar ó mesmo tempo. Ou calculamos cales son os que sabemos que sí van funcionar ó mesmo tempo, e de ahí estimamos unha cantidade.
Con esto temos unha idea da potencia que necesitamos. De tódolos xeitos, se a cantidade que resulta é moi inferior á potencia actual contratada, repasa o resultado. Se pasado un ano ves que non saltan os plomos podes volver a pedir unha baixada de potencia. Esto tamén ten que ver con cómo usas os teus electrodomésticos: se consegues que traballen alternativamente necesitarás menos potencia e aforrarás enerxía.
A continuación tes unha tabla coa estimación da potencia de cada aparato, pero para te-la cifra exacta terás que ve-lo no propio aparato:
Electrodoméstico | Potencia |
Frigorífico | 250 – 350 W (0,250 – 0,350 KW) |
Microondas | 900 – 1500 W (0,900 – 1,500 KW) |
Lavadora | 1500 – 2200 W (1,500 – 2,200 KW) |
Lavavaixelas | 1500 – 2200 W (1,500 – 2,200 KW) |
Forno | 1200 – 2200 W (1,200 – 2,200 KW) |
Vitrocerámica | 900 – 2000 W (0,900 – 2,000 KW) |
Televisor | 150 – 400 W (0,150 – 0,400 KW) |
Aire acondicionado | 900 – 2000 W (0,900 – 2,000 KW) |
Calefacción eléctrica | 1000 – 2500 W (1,000 – 2,500 KW) |
Calefacción eléctrica de baixo consumo | 400 – 800 W (0,400 – 0,800 KW) |
Unha vez que teñas a suma podes escoller na seguinte tabla a potencia que máis se axusta ás túas necesidades. Estes son os tramos de potencia que se poden contratar hoxe (cambiaron no 2006) para unha instalación monofásica, a da maioría dos fogares:
Tramos de potencia (en kilovatios: kW)
1.15 – 2.3 – 3.45 – 4.6 – 5.75 – 6.9 – 8.05 – 9.2 – 10.35 – 11.50 – 14.49