Que é o canon de finca e en que caso se inclúe na factura de gas?

Canon de finca IRC factura gas

O canon de finca (tamén coñecido como canon de IRC – Instalación Receptora Común) é un importe que se cobra a algúns usuarios por contar cunha instalación de gas natural no seu edificio ou comunidade de propietarios, que foi realizada pola empresa distribuidora de gas da zona.

Dita compañía cobra esta cota pola instalación, o uso e o mantemento da instalación executada no edificio ou comunidade durante un tempo determinado. O custo inclúese cada certo tempo na factura de gas natural que emite a compañía comercializadora de gas ( XENERA ou a que elixise o cliente). Aínda que se trate dun gasto cobrado pola distribuidora.

Tódolos veciños da comunidade de propietarios, que conectasen a subministración de gas á instalación común, deberán pagar este canon que impón a distribuidora.

Para que se aplique o canon de IRC ten que existir un contrato previo entre a comunidade de propietarios e a compañía de distribuidora de gas.

Prezo do canon de finca ou IRC

Non se pode establecer un prezo exacto do canon de finca, posto que inflúen varios factores e variará dependendo da instalación.

O máis habitual é que se cobre durante 20 anos a tódolos conectados á rede de gas no edificio e que o importe estea comprendido entre 25 e 45 euros anuais. É só unha referencia, xa que o importe que corresponde pagar a cada cliente, cantas veces ao ano estará o canon de finca incluído na súa factura de gas e durante cantos anos tense que pagar é distinto en cada caso.

A compañía comercializadora non dispón desta información. É un dato que se pode consultar directamente coa compañía distribuidora de gas. En calquera factura de gas pódese atopar a compañía distribuidora de gas que ten asignada cada cliente.

En todo caso, é un custo que se ten que pagar con calquera compañía comercializadora de gas natural (esteas con XENERA ou con calquera outra). O pago do canon de finca non depende da compañía comercializadora coa que asines o teu contrato, senón da compañía distribuidora que realizou a instalación de gas.

Durante o tempo que se paga o canon de finca, a distribuidora é responsable do mantemento da instalación e de calquera posible avaría que poida xurdir. Unha vez pagado o canon de IRC completo, a comunidade de propietarios debe facerse cargo destes aspectos.

 

Cóntanos, viches este importe incluído na túa factura de gas e estrañouche? Sabes se na túa comunidade de propietarios asinouse un contrato coa distribuidora, que implica o pago do canon de finca?

Comparte:
CATEGORÍAS: gas natural
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14668 (10) { ["term_id"]=> int(317) ["name"]=> string(23) "comercializadora de gas" ["slug"]=> string(23) "comercializadora-de-gas" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(317) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(3) ["filter"]=> string(3) "raw" }
comercializadora de gas
object(WP_Term)#14669 (10) { ["term_id"]=> int(319) ["name"]=> string(11) "factura gas" ["slug"]=> string(14) "factura-gas-gl" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(319) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(1) ["filter"]=> string(3) "raw" }
factura gas

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *