Moitos dos clientes/as que están satisfeitos connosco, recoméndannos aos seus familiares e amigos. En Xenera consideramos que o lóxico é recompensar esas recomendacións, xa que parte do noso crecemento é debido ao boca a boca. Por iso, xa hai un tempo que temos en marcha a Campaña AMIGUIÑOS.
En que consiste?
Se es cliente/a noso e un contacto/amiguiño teu contrata a luz connosco, indicándonos o teu código de cliente/abonado, aplicámosvos a ambos 20 €* de desconto nunha factura de luz.
Que tes que facer se es cliente de luz de Xenera e queres aproveitar esta campaña?
1. Localiza o teu código de cliente/abonado en calquera das nosas facturas, e-mails ou na área de clientes da nosa web.
Se acabas de facer o contrato de luz connosco, tes que agardar uns días a que estea activo para ter o código. No e-mail de benvida que enviaremos, aparéceche o teu código de cliente. |
2. Comparte o teu código cos teus contactos ou amiguiños, do xeito que ti queiras: mándalles un WhatsApp, publícao nas túas redes sociais, chámaos, envíalles un e-mail…Dilles que, só teñen que chamar ao noso teléfono gratuíto 900 600 116 para cambiar a luz a Xenera. Imprescindible: teñen que indicarnos o teu código na chamada.
3. Ti terás un desconto de 20 €, unha vez que se emita a primeira factura de luz de cada un dos teus amiguiños. Eles, ademais de aforrar por ter a luz connosco, tamén recibirán un desconto de 20 € na súa primeira factura de luz.
Hai límite de AMIGUIÑOS?
Non hai límite. Podes convidar a tantos amiguiños como queiras. Iso si, aplicámosche un único desconto de 20 € por factura. Se en cada período de facturación, contratan a luz connosco varios amiguiños, irémosche aplicando os descontos en sucesivas facturas.
Por exemplo: Se nun mesmo mes contratan a luz con Xenera tres amiguiños teus, descontarémosche 20 € nas próximas 3 facturas.
Que sucede se o desconto a aplicar é maior que os demais importes da factura?
Pode darse o caso de que o desconto de 20 € sexa maior que os demais importes da factura. Nese caso, a factura terá un importe total en negativo e realizaremos unha transferencia en positivo, ao teu favor.
Pois si! Neste caso, en vez de ter que pagar pola luz, nós pagámosche a ti! 😯
Teño máis dunha vivenda/negocio, podo recomendarme a min mesmo?
Si. Se vas facer un novo contrato de luz connosco noutra vivenda/negocio, podes indicarnos o código de cliente que xa tes para que che apliquemos esta promoción. Como es o teu propio recomendador/a, terás 40 € de desconto (20 € na factura da vivenda/negocio que xa ten o contrato de luz connosco máis outros 20 € na primeira factura da outra vivenda/negocio).
* Impostos incluídos. Ver condicións legais desta promoción.