Este domingo, día 31, despedimos o mes de marzo e chega o cambio de hora. Adiantaremos unha hora os reloxos na madrugada do día 30 ao 31, de modo que ás 02:00 serán as 03:00 horas na península (unha hora menos nas Illas Canarias).
O cambio de hora ten inconvenientes de bastante peso, así que todo apunta a que en cuestión de dous ou tres anos deixaremos de facelo.
A tarifa de luz con discriminación horaria de dous períodos e o cambio de hora
Se tes contratada unha tarifa con discriminación horaria e non tes claro se o cambio de hora inflúe no prezo dos kWh que consumes, deixamos claro que si hai variación.
A tarifa con discriminación horaria de dous períodos (2.0DHA ou 2.1DHA) é aquela na que se paga menos en concepto de peaxes -co cal o prezo do kWh é máis barato- polo consumo realizado en determinadas horas do día, a cambio de pagar algo máis o resto do día. Consta de dous períodos, con diferente prezo do kWh: período punta e período val.
Se ben en outono-inverno o período punta (no que prezo do kWh é máis elevado) é de 12:00 a 22:00 horas, a partir do cambio de hora pasa a ser de 13:00 a 23:00 horas. No que respecta ao período val (nas que o prezo do kWh é máis barato), deixa de ser de 22:00 a 12:00 para ser de 23:00 a 13:00 horas. O que non cambia é que durante 14 horas ao día o prezo do kWh é máis barato, mentres que ten un prezo superior durante 10 horas ao día.
Co cambio de hora varían os períodos punta e val, adiantándose unha hora. Así pois, en primavera-verán a franxa máis económica é de 23:00 a 13:00 horas.
Ten en conta que tamén existen tarifas con discriminación horaria de tres períodos, pensadas sobre todo para os fogares nos que se realicen recargas de vehículos eléctricos (períodos superval, val e punta)e para as empresas (períodos val, chan e punta). A estas tarifas tamén lles afecta o cambio horario.
Non tes tarifa con discriminación horaria e tes dúbidas sobre se che compensaría?
A tarifa de luz con discriminación horaria de dous períodos compensa se, polo menos, un 30% do teu consumo eléctrico se produce no período val. De aí en diante, canto máis consumas nas horas do período val, máis notarás o aforro con esta tarifa. Pese ao que moitas persoas cren, non adoita ser preciso un cambio de hábitos para aforrar con esta tarifa. Que se ademais o fas, mellor que mellor.
¿Tes claro que consumes máis dun 30% da enerxía de 23:00 a 13:00 horas en primavera-verán e queres cambiar á tarifa con discriminación horaria? Debes ter en conta que, tanto con XENERA como con calquera outra comercializadora eléctrica, non se cobra por realizar este cambio, aínda que si se repercute na túa factura o que cobra a compañía distribuidora: 10,94€ (IVE incluído), en concepto de adaptacións técnicas. Trátase dunha modificación que, polo xeral, faise efectiva en poucos días.
Se resulta que o teu fogar é dos poucos nos que non se logra aforrar con esta tarifa, que non entre o pánico, xa que o cambio é reversible. Podes volver á tarifa anterior, aínda que normalmente hai que esperar o ano que establecen as compañías distribuidoras para estas modificacións e pagar de novo os 10,94€.
Se queres que che asesoremos sobre a tarifa con discriminación horaria A Vaquiña polo que vale, podes chamar ao noso teléfono gratuíto 900 600 116 ou indicarnos os teus datos na nosa páxina de contacto para que te chamemos.
Cóntanos, xa tes contratada unha tarifa con discriminación horaria? Sabes se estás a aforrar con ela?