Cambio de titular e compañía de luz en caso de alugueiro

Cambios compañía luz alquiler

Poden os inquilinos ter o contrato de luz ao seu nome e cambiar de compañía?

É unha consulta que nos facedes con frecuencia, así que hoxe imos arroxar luz sobre este asunto. Nunca mellor dito 🙂

O primeiro a ter en conta é o que se estipulou no contrato de alugueiro. É posible que no contrato de arrendamento, o propietario incluíse algunha cláusula que indique a posibilidade ou impedimento para cambiar a titularidade do contrato de luz e a comercializadora de electricidade. Se non se contempla nada respecto diso no contrato de arrendamento ou si se indica que está permitido o cambio, o inquilino poderá ter o contrato de luz ao seu nome e cambiar de compañía, se quere facelo.

Se o propietario da vivenda quere manter o contrato de luz ao seu nome, pero que sexa o inquilino o que pague as facturas de luz, pode facerse un cambio de pagador sen cambio de titular. Iso si, en caso de débeda o que terá a obrigación de asumila é o titular do contrato.

O máis frecuente e aconsellable é que tanto inquilino como o propietario ou arrendador da vivenda cheguen ao acordo de cambiar o titular do contrato da luz. Ademais, o ideal é que se realice canto antes. Dese modo, o inquilino vai poder realizar as xestións que precise para o seu domicilio sen ter que depender do propietario. Ademais, é un modo de ter a seguridade de que se para esa subministración houbese algunha débeda pasada, o novo inquilino non terá a obrigación de facerse cargo dela.

Para o propietario ou arrendador o cambio ten proles e contras. A principal vantaxe de que si se realice o cambio de titular a nome do inquilino é que, en caso de haber algunha incidencia (como unha falta de pagamento), a responsabilidade recaerá sobre o inquilino, que é o que realiza o consumo.  A débeda é do inquilino e o arrendador nunca poderá ser incluído nun ficheiro de morosos. A comercializadora reclamará a débeda ao inquilino debedor, aínda que é certo que en caso do inquilino se vaia da vivenda con falta de pagamentos de luz e a subministración cortada, é probable que o propietario decida facerse cargo da débeda e dos custos dunha alta nova para restablecer o servizo no punto de subministración con urxencia e volver alugar a vivenda. Esta é a maior desvantaxe de poñer o contrato a nome do inquilino.

Doutra banda, cando un inquilino decide irse dunha vivenda na que ten o contrato de luz ao seu nome ten dúas opcións. Pode dar de baixa a subministración (neste caso, supoñerá uns custos de alta para o arrendador) ou facer cambio de titular a nome do arrendador ou dun novo arrendatario. Neste segundo caso, é moi importante que se asegure de que o proceso de cambio de titular completouse para que non se lle reclame un consumo que non realizou.

O cambio da titularidade do contrato de luz é un proceso totalmente gratuíto e que se pode realizar tantas veces como se queira ou se necesite.

Que se necesita para cambiar de titular?

Se estás con XENERA e queres cambiar de titular, recomendámosche que nos chames gratis ao 900 600 116. Pedirémosche o seguinte:

  • Nº DNI do ata agora titular ou o nº CUPS (figura na factura).
  • Nome completo, DNI, número de teléfono e correo electrónico do novo titular.
  • Dirección completa.
  • Nº de conta para domiciliar as facturas.
  • Indicarnos se desexa recibir as facturas por correo postal ou email.
  • Data coa que quere o cambio de titularidade (pode elixir entre última lectura, o mesmo día ou unha data posterior).

O proceso de cambio de titular pode tardar 15-20 días desde o momento en que contamos con toda a documentación e enviámola á compañía distribuidora da zona. Debido a este tempo, é posible que a última factura emitida aínda se faga a nome do anterior titular, algo a ter en consideración á hora de realizar o cambio.

Actualmente a compañía eléctrica da vivenda non é XENERA e queres aproveitar o cambio de titular para elixirnos?

En canto o inquilino sexa o titular do contrato de subministración pode realizar o cambio á comercializadora que queira. Dese modo tamén poderá tomar medidas de aforro e/ou de eficiencia, como reducir a potencia contratada ou contratar unha tarifa con discriminación horaria.

“Ao converterse o inquilino no titular do contrato eléctrico, ten a potestade para realizar cambios, entre eles o de cambiar a tarifa eléctrica, a potencia contratada ou ben cambiar de compañía eléctrica. Cabe lembrar que se realizas algún cambio na potencia eléctrica contratada terás que pagar algúns gastos regulados. Son uns custos que cobra a túa distribuidora, a través de nós, na túa factura.”

Cambiar de compañía é un proceso gratuíto. Con XENERA é moi rápido. Podes facelo ti mesmo/a a través da nosa web en só 3 minutos. Só tes que indicar:

  • Os teus datos persoais (nome completo, DNI, número de teléfono e un correo electrónico).
  • Dirección completa.
  • Potencia contratada actual da vivenda (poderás vela nunha factura de luz da vivenda).
  • Tarifa eléctrica actual (poderás vela nunha factura. Aparecerache como 2.0A, 2.0 DHA, 2.1A, 2.1 DHA…)
  • Nº CUPS (tamén está na factura).
  • Número de conta bancaria.

Se o prefires, podes chamar ao noso teléfono gratuíto 900 600 116 para que nós xestionemos o cambio de compañía.

Para cambiar de compañía de luz só necesitas ter a man unha factura da vivenda e o número de conta no que queres que se facture.

Lembra que agora tamén podes contratar gas connosco. Ter as dúas subministracións xuntas é máis cómodo.

O cambio non é automático. Hai un proceso de verificación ata que se completa o cambio de compañía. O límite para realizar o cambio é de ata 21 días,  aínda que non adoita tardar máis dunha semana. En canto o cambio estea listo, recibirás un correo electrónico de benvida a XENERA 😉

Comparte:

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *