O auxe das bicicletas eléctricas

Todos podemos aportar o noso gran de area para mellorar o transporte urbano e reducir a contaminación. As bicicletas eléctricas -tamén coñecidas como e-bikes– son unha alternativa sostible para desprazarnos. Se ben é certo que os primeiros modelos que saíron ó mercado, non eran do máis funcionais, pouco a pouco foron mellorando, con motores e baterías cada vez máis integrados.

Bicicletas eléctricas, unha opción económica, práctica, saudable e respectuosa co medio

En moitos países europeos o uso de bicicletas eléctricas é unha tendencia en auxe.

O motivo? As súas grandes vantaxes: prezo (en comparación co de outros vehículos como coches e motos), a comodidade (requiren menor esforzo que as bicicletas convencionais), a axilidade (permiten desprazamentos rápidos, evitando atascos e dificultades para o estacionamento), a sustentabilidade (redúcese a contaminación) e os beneficios para a saúde ao utilizala como medio de transporte habitual.

Vantaxes das bicicletas eléctricas

Os mercados europeos que máis se apuntan a esta moda son Alemania, Bélxica, Dinamarca, Holanda e Suiza. Se embargo, en España con un clima moito máis acorde que outros países europeos para o uso da bicicleta eléctrica, aínda non nos estamos a sumar a esta tendencia tanto como deberiamos.

Mentres que en Alemania se venden más de 700.000 bicis eléctricas ao ano, en España a cifra é dunhas 70.000.

Se o motivo para non sumarnos con decisión a esta tendencia é a pereza, o certo é que coas bicis eléctricas, aínda sendo necesario pedalear, a asistencia ao pedaleo fai que podamos tomarnos as distancias e costas de xeito máis relaxado.

As bicis eléctricas brindan asistencia ao pedaleo, aínda que non o substitúen.

Actualmente hai moitos modelos de bicicletas eléctricas no mercado, sendo as principais diferencias o motor e sistema de pedaleo asistido (dianteiro, traseiro ou central), a batería (a maior capacidade, maior autonomía) e o tipo de bicicleta (urbana, de montaña ou MTB, de trekking…). Á hora de decantarse por unha, tamén hai que ter en consideración se é plegable ou non e prestar atención ao seu peso, nunca superior ao 40 quilos. Pensa que canto máis lixeiras, máis prácticas.

Os ciclistas de montaña atópanse entre os máis entusiastas das bicicletas eléctricas, xa que lles ofrece a posibilidade de completar rutas máis longas, con desniveis que resultan máis pronunciados.

A batería pode ser extraíble, o que nos dará a posibilidade de sacala da bici e cargala onde queiramos, ou ben pode estar integrada no cadro. Neste último caso gaña en estética, pero perde en funcionalidade, xa que necesitaremos dispoñer de espazo para a bici ao completo cando queiramos poñela a cargar. O tempo de carga da batería dependerá do modelo elixido, pero adoita estar entre 4 e 6 horas para unha carga completa.

A autonomía destas bicicletas pode ir desde os 30 ata os 150 quilómetros aproximadamente, en función da batería, o motor e outros factores, como o peso do usuario, a calidade do terreo ou o modo de condución.

Lexislación. Que require o uso de bicicletas eléctricas?

Ao igual que no caso das bicicletas convencionais:

  • Non requiren seguro (aínda que si pode facerse para afrontar o pago por danos causados a outro vehículo ou peatón en caso de accidente).
  • Non se paga imposto de circulación de vehículos de tracción mecánica.
  • Non requiren licenza de condución.
  • Non teñen matrícula.
  • Para os usuarios maiores de 16 anos en cidade non se precisa casco (non así en vías interurbanas e estrada).
  • Tamén se pode circular con elas polos carrís bici.

Para poder ter esta consideración, a súa asistencia desconéctase ao alcanzar os 25 km/h. Loxicamente, poden ir a máis velocidade, pero xa será en función do esforzo do usuario. O que si se necesita é coñecer o código de circulación, as señais viais e respetalas. A bicicleta eléctrica debe levar luz dianteira branca e traseira vermella, sempre que se circule en condicións de luminosidade reducida ou de noite.

As bicicletas eléctricas deben estar homologadas polo Ministerio de Industria, segundo a norma UNE-EN 15194:2009. En caso de tener un acelerador similar ao dunha moto, que permita iniciar a marcha sen darlle aos pedais, consideraránse ciclomotores. O mesmo sucede se o seu motor supera os 250W ou non se detén a asistencia ao pedaleo ao alcanzar os 25 km/h. En este caso si compre matricular o vehículo, contar con seguro e se necesita licenza para a súa condución.

Servizos que fan uso de bicicletas eléctricas

Nas ciudades non só as utilizan usuarios particulares, senón que xa podemos ver bicicletas eléctricas en servizos de reparto e empresas de mensaxería. Por exemplo, Correos está a utilizar en cinco cidades españolas (Madrid, Sevilla, Málaga, Córdoba e Granada) as bicicletas eléctricas de tres rodas E-cargo, o que permite un proceso de entrega máis áxil e sostible.

No caso das empresas de mensaxería, moitas están a incorporar as bicicletas eléctricas á súa flota, especialmente para repartos urbanos con distancias asequibles. Tamén se puxeron en marcha empresas de mensaxería 100% ecolóxica. E ti, apúntaste a mobilidade eléctrica?

Comparte:
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14684 (10) { ["term_id"]=> int(190) ["name"]=> string(22) "bicicletas eléctricas" ["slug"]=> string(21) "bicicletas-electricas" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(190) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(2) ["filter"]=> string(3) "raw" }
bicicletas eléctricas
object(WP_Term)#14685 (10) { ["term_id"]=> int(117) ["name"]=> string(10) "transporte" ["slug"]=> string(10) "transporte" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(117) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(4) ["filter"]=> string(3) "raw" }
transporte

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *