Información dirixida a todos os nosos clientes/as de gas:
Como consecuencia da situación actual, as compañías distribuidoras de gas non van enviar aos seus técnicos para realizar as lecturas dos contadores de gas. Así se esta cumprindo coas obrigacións decretadas polo Goberno, derivadas da declaración do estado de alarma en todo o país, co obxectivo de minimizar riscos de propagación e infección do Covid-19.
Lembrámosche que o responsable do tratamento das lecturas do teu consumo é a distribuidora da túa zona.
Cal é a túa distribuidora de gas? Por favor, comproba en calquera das túas facturas de gas que compañía é a que ofrece subministración na túa zona. Pode ser Nedgia, Redexis Gas, Nortegas, Madrileña Rede de Gas ou Gas Extremadura.
En canto o saibas, solicitamos a túa colaboración facilitando á túa distribuidora a lectura actual do teu contador. Existen tres formas sinxelas e rápidas para proporcionalas. Podes utilizar a que prefiras:
Opción 1: App Yo Leo Gas
Este é o método máis doado, podes descargar a aplicación YoLeoGas para o teu dispositivo móbil, a través da plataforma GooglePlay o Apple Store.
Só será necesario que rexistres os teus datos no primeiro acceso e, despois, con só enviar a foto da túa lectura, xa quedará recollida no sistema.
O envío de lecturas de Gas Extremadura non está dispoñible nesta aplicación móbil. Si o está para as outras catro distribuidoras.
Opción 2: Teléfono de lectura
Chamando ao teléfono gratuíto da túa distribuidora, dispoñible 24 horas.
• Nedgia: 900 770 770
• Redexis Gas: 800 760 577
• Nortegas: 900 902 934
• Madrileña Rede de Gas: 900 373 709
• Gas Estremadura: 900 649 416
Para que poidan localizar a túa subministración, é necesario que teñas a man o CUPS (Código Universal do Punto de Subministración), o DNI do titular ou o número de contador (datos que podes localizar en calquera factura) e o valor da lectura a facilitar.
Opción 3: Formulario web
• Nedgia: www.nedgia.es/clientes/lectura-del-contador
• Redexis Gas: lecturas.redexisgas.es/login
• Nortegas: www.nortegas.es/area-clientes/lectura-de-contador
• Madrileña Red de Gas: madrilena.es/lectura-de-contador
• Gas Extremadura: www.dcgasextremadura.es/lectura-contador-gas
Do mesmo xeito que por teléfono, a través da web tamén se solicita o DNI do titular, o CUPS e/ou o nº do contador. Nalgúns casos tamén se pide o número de contrato e correo electrónico.
No caso de que a túa subministración de gas estea nunha segunda vivenda ou un punto de subministración ao que non poidas acceder durante o estado de alarma, ten en conta que o consumo de gas será estimado e regularizarase en canto termine esta situación.
Así mesmo, informamos que todas lecturas facilitadas neste período estarán suxeitas a posibles regularizacións nos ciclos de lectura posteriores que realicen os técnicos, cando esta situación de crise sanitaria termine.
Moitas grazas pola túa colaboración.