Seguimos dispoñibles por teléfono e Internet!

dispositivos

A raíz do estado de alarma decretado polo Goberno de España, as nosas oficinas permanecerán pechadas para a atención presencial.

Seguiremos prestando todos os demais servizos con normalidade. Así que podes seguir contactando connosco a través das seguintes canles:

Contacta connosco

• Teléfono gratuíto 900 600 116. Se atopas a liña ocupada, devolverémosche a chamada o antes posible.
• Correo electrónico info@xenera.com
• Páxina web xenera.com Calquera solicitude que fagas a través da web será atendida como facemos habitualmente.
• Redes sociais: Facebook | Twitter | Instagram

O noso horario de atención

Durante estes días, o noso horario de atención telefónica (atención ao cliente e contratación) é o seguinte:

• Luns, martes, mércores e venres, de 10 a 15:15 horas.
• Xoves, de 10 a 13 e de 14 a 20 horas.

Para outras xestións atendemos de luns a venres, de 8 a 15 horas.

Ademais, seguirán operativos os teléfonos de avarías das distribuidoras de luz e gas. Podes consultar cal é a que che corresponde nas túas facturas.

Que xestións se poden realizar durante esta situación excepcional?

Todas. Podes cambiar a XENERA -por teléfono ou contratación web– se consideras que é o momento de aforrar nas túas facturas de luz e gas. Así mesmo, seguiremos xestionando cambios de titularidade, de potencia, altas novas, baixas… O noso equipo vai estar teletraballando por seguridade, pero seguiremos atendendo coa máxima normalidade posible!

Estamos a vivir circunstancias extraordinarias, que conlevan decisións excepcionais e implican un exercicio de responsabilidade por parte de todos.

Esperamos que esta situación se solucione pronto, desexamos que tanto ti como os teus esteades o mellor posible e lembramos a importancia de sumarvos ao #QuedaNaCasa polo ben común!

CATEGORÍAS: Xenera
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14138 (10) { ["term_id"]=> int(242) ["name"]=> string(6) "Xenera" ["slug"]=> string(6) "xenera" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(242) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(5) ["filter"]=> string(3) "raw" }
Xenera

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *