Avións eléctricos e o futuro da aviación

¿Para cando o avión eléctrico de pasaxeiros? Non queda tanto.

Millóns de persoas viaxan ó redor do mundo en avión hoxe, o que é un factor importante de contaminación, e que vai a máis polo maior uso deste medio de transporte. A solución alternativa dun avión eléctrico faise cada vez máis necesaria. A Comisión Europea defineu a aviación como “unha das fontes de emisións de gas efecto invernadoiro que máis medran”.

Distintos equipos de investigadores están a traballar neste ámbito desde anos atrás e xa se están a dar resultados. No 2016 un avión alimentado con enerxía solar aterrizou en Abu Dhabi despóis de completar por primeira vez unha histórica volta ó mundo de 40,000 km. Trátase do modelo Solar Impulse 2.

Investigadores da Universidade de Stuttgart en Alemania están a traballar no que consideran un avión eléctrico de alto rendimento de dúas plazas chamado o e-Genius. Funciona totalmente cunha batería e pode despegar cun peso máximo de 900 kg. Xa ten feito vuelos de hasta 400 km e o seu comportamento é comparable ó dos avións convencionais. Nun deses voos chegou a atravesar os Alpes, alcanzando unha altitude de 4.000 m.

Os investigadores están agora traballando no proxecto dun avión híbrido, que traballe con electricidade e tamén cun pequeno motor diésel. Esto permitiría nun primeiro momento alcanzar millores prestacións que un avión que funcione sólo con electricidade. Sería unha etapa intermedia antes de chegar ó avión eléctrico.

Xa hai start ups traballando no tema e en concreto unha delas xa anunciou que para o 2020 terán listo unha flota de avións híbridos con capacidade para hasta 12 pasaxeiros, levantando un peso máximo duns 6.000 kg por unha distancia de algo máis de 1.000 km, a unha velocidade duns 550 km/hora. Sería unha primeira solución para voos interrexionais. A start up chámase Zunum Aero e conta coa financiación de Boeing e Jet Blue Airways.

¿Pero para cando teremos un avión eléctrico de pasaxeiros? Peter Palensky, da Universidade de Tecnoloxía Delft en Holanda, pensa que é possible nun futuro non moi afastado. Xa temos avións ultralixeiros, avións experimentais da NASA,… Dentro de pouco veremos avións voando de cidade a cidade dentro dun país, en curtas distancias.

Para longas distancias e gran capacidade vainos tomar máis tempo pero acabará chegando, comenta Palensky.

O avión eléctrico de pasaxeiros vai ser realidade probablemente antes do que pensamos.

Comparte:

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *