XENERA coa cultura: colaboramos coa iniciativa As Outras Luces de Vigo

As Outras Luces de Vigo, evento organizado por AMovida Vigo coa colaboración de XENERA Compañía Eléctrica.

Fotografía: Juan Teixeira.

Onte inaugurouse na Rúa do Príncipe en Vigo (Pontevedra) a Exposición As Outras Luces de Vigo, que pode visitarse ata este domingo -10 de novembro- diante do Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (MARCO).

A iniciativa, que visibiliza a arte e cultura da cidade, está organizada pola revista cultural e de ocio A Movida Vigo e conta coa colaboración de XENERA Compañía Eléctrica. Como principal comercializadora 100% galega quixemos sumarnos a esta exposición, contribuíndo a poñer en valor o talento vigués.

XENERA Compañía Eléctrica coa cultura

Por que As Outras Luces de Vigo?

 

As Outras Luces de VigoA cidade olívica está a destacar nos últimos anos pola súa iluminación de Nadal, se ben hai outras moitas razóns polas que é posible presumir de Vigo. Neste sentido, coa exposición preténdese facer alarde doutras luces, que brillan por si mesmas: as da cultura viguesa.

Para tal fin, contouse coa participación de artistas da cidade, que destacan en diversas disciplinas:

• Antonio Durán “Morris”: Actor.
• Marta Larralde: Actriz.
• Ledicia Costas: Escritora.
 Xosé Luis Méndez Ferrín: Escritor.
• Silvia Superstar: Música.
• Patricia Moon: Música.
• María Xose Queizán: Escritora.
• Eladio Santos: Músico
• Julián Hernández: Músico.
• Silvia Penas: Poeta performativa.
• Lupita Hard: Artista multidisciplinar.
• KAIXO: Músico.

O multitudinario acto de presentación, realizado onte a partir das 20:15 horas, foi conducido polo showman vigués Tony Lomba e contou coa presenza da maioría dos artistas retratados.

Comparte:
CATEGORÍAS: Galicia Xenera
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14837 (10) { ["term_id"]=> int(320) ["name"]=> string(7) "cultura" ["slug"]=> string(7) "cultura" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(320) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(1) ["filter"]=> string(3) "raw" }
cultura
object(WP_Term)#14838 (10) { ["term_id"]=> int(321) ["name"]=> string(4) "Vigo" ["slug"]=> string(4) "vigo" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(321) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(1) ["filter"]=> string(3) "raw" }
Vigo

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *