Fotografía: Juan Teixeira.
Onte inaugurouse na Rúa do Príncipe en Vigo (Pontevedra) a Exposición As Outras Luces de Vigo, que pode visitarse ata este domingo -10 de novembro- diante do Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (MARCO).
A iniciativa, que visibiliza a arte e cultura da cidade, está organizada pola revista cultural e de ocio A Movida Vigo e conta coa colaboración de XENERA Compañía Eléctrica. Como principal comercializadora 100% galega quixemos sumarnos a esta exposición, contribuíndo a poñer en valor o talento vigués.
Por que As Outras Luces de Vigo?
A cidade olívica está a destacar nos últimos anos pola súa iluminación de Nadal, se ben hai outras moitas razóns polas que é posible presumir de Vigo. Neste sentido, coa exposición preténdese facer alarde doutras luces, que brillan por si mesmas: as da cultura viguesa.
Para tal fin, contouse coa participación de artistas da cidade, que destacan en diversas disciplinas:
• Antonio Durán “Morris”: Actor.
• Marta Larralde: Actriz.
• Ledicia Costas: Escritora.
• Xosé Luis Méndez Ferrín: Escritor.
• Silvia Superstar: Música.
• Patricia Moon: Música.
• María Xose Queizán: Escritora.
• Eladio Santos: Músico
• Julián Hernández: Músico.
• Silvia Penas: Poeta performativa.
• Lupita Hard: Artista multidisciplinar.
• KAIXO: Músico.
O multitudinario acto de presentación, realizado onte a partir das 20:15 horas, foi conducido polo showman vigués Tony Lomba e contou coa presenza da maioría dos artistas retratados.