O arquitecto Antón Crespo cóntanos a importancia do cambio, facendo unha reflexión sobre a influencia que ten tanto na súa vida profesional como persoal.
A natureza é unha musa
Como di Antón, os arquitectos poden aprender moito da natureza, observándoa con detemento e tratando de comprendela. É unha verdadeira fonte de inspiración para as súas construcións.
Os animais e as plantas presentan estruturas moi fermosas. A proporción áurea está detrás da súa beleza, como sucede coa disposición dos pétalos das flores, coa forma das estrelas de mar e mesmo coa distancia entre as ramas das árbores.
Os arquitectos tamén aplican esta proporción nas edificacións, buscando a harmonía estética.
A proporción áurea non só se aplica na arquitectura, senón nos diversos ámbitos en que se quere buscar unha composición visual perfecta: na pintura, na escultura, no deseño web e de logotipos de marcas…
A natureza é sabia e cambia segundo as continxencias do momento e da súa contorna. O mesmo sucede coa arquitectura, que se adapta e transforma buscando a mellora.
O arquitecto debe ser un profeta
Como dixo Frank Lloyd Wright, arquitecto estadounidense considerado un dos principais mestres da arquitectura do século XX: “O arquitecto debe ser un profeta…un profeta no verdadeiro sentido del termo…Se non pode ver polo menos dez anos cara adiante, non o chamen arquitecto.”
O arquitecto ten que ver mais aló e abrazar o cambio.
E ti, valoras tanto como Antón o cambio e os seus beneficios ou es unha persoa reticente a el?