Dende XENERA sempre nos preocupamos polos nosos clientes e por ofrecerlles as mellores tarifas e solucións para que a factura de eléctrica sexa o máis lixeira posible. Se hai pouco falabamos dos gadgets de aforro enerxético, hoxe traémosvos algunhas APP para aforrar na factura da luz:
- StandbyCheck: Calcúlase que ao redor do 10% da enerxía que consumimos nos nosos fogares corresponde aos equipos que se manteñen en standby, é dicir en modo de espera, como poden ser os televisores. Con StandbyCheck dispoñemos do Detective da Enerxía, unha aplicación que é capaz de mostrar o diñeiro que poderiamos aforrarnos se fósemos capaces de reducir ou eliminar o standby de cada aparello introducindo os datos de consumo e os trebellos que están sempre conectados. Tamén alerta sobre posibles fugas de enerxía que supoñan unha alteración do consumo de electricidade e por tanto da factura. Hai un pero: só está dispoñible para iOS.
- Luz + Precio: Esta APP permítenos aforrar na factura da luz, coñecendo o prezo da luz en tempo real e a predición a dous días, establecendo un prezo máximo e mínimo. A aplicación móvil Luz + Precio ofrécenos recomendacións de consumo e avísanos sobre a tarifa vixente á hora que seleccionemos. Tamén realiza unha estimación da nosa factura e calcula o custo de cada electrodoméstico.
- Boltio: Trátase dunha APP coa que podemos ver o prezo da luz en tempo real e facer listas de prezos tanto por hora como por usuario, de modo que este coñeza cal é o momento adecuado para realizar un maior consumo de enerxía sen que afecte tanto ao seu peto. Agora, ademais, pon á nosa disposición unha listaxe dos electrodomésticos habituais e cal é o seu consumo en función da hora que se seleccione.
- Precio de la luz: Trátase dunha APP moi visual que facilita información en tempo real o custo da luz para axudar a aforrar na factura da luz. O aforro prodúcese cando a APP avisa ao usuario dos momentos do día en que a luz ten un menor prezo, podendo tamén establecer recordatorios para, por exemplo, poñer a lavadora nese momento. É unha forma de controlar o gasto eléctrico, grazas á posibilidade de coñecer cal é a hora máis cara e a máis barata do día.
Esperamos axudarvos para ir mellorando a vosa eficiencia enerxética con estes pequenos consellos. Contádenos, coñecedes algunha outra solución para aforrar na factura da luz?