10 consellos para aforrar en calefacción en casa

Ahorrar en calefacción en casa

Xa estamos en pleno outono e comezando a notar unha baixada notable das temperaturas. Chega o momento de acender a calefacción para manter a vivenda a unha temperatura agradable. Avecíñanse as temidas facturas de enerxía dos meses de frío. Se non queremos que estas se disparen, ademais de ter unha tarifa axustada como a nosa Vaquiña, debemos aplicar unha serie de medidas para aforrar en calefacción en casa.

Este ano pode ser especialmente necesario se, coa situación que estamos a vivir, estás teletraballando.

Como aforrar en calefacción en casa sen pasar frío?

Segue estes sinxelos consellos para minimizar o consumo de calefacción e así aforrar nas túas próximas facturas. Ademais, estarás a reducir as emisións de CO2.

1. Se a túa calefacción é de gas, purga os radiadores

Agora que vas acender a calefacción despois de meses de inactividade, é o momento de purgar os radiadores. Extraer o aire dos radiadores é necesario polo menos unha vez ao ano, xa que adoitan acumular pequenas burbullas de aire que dificultan o paso da calor e impiden que os radiadores quenten adecuadamente.

2. Pon a punto a caldeira

Esta época do ano tamén é a idónea para realizar unha revisión da caldeira. O seu adecuado mantemento pode aforrarche ata un 15% anual, segundo a OCU.

Se a caldeira é moi antiga, podes valorar a posibilidade de substituíla por unha nova. Os modelos actuais son moito máis eficientes e quentan máis con menor consumo. Require un investimento inicial, que se recupera a medio prazo.

3. Ventila o tempo xusto e no momento idóneo

Procura ventilar a túa casa só o tempo necesario para evitar grandes perdas de calor. Se é posible, faino nos momentos en que o sol incida directamente sobre a vivenda.

4. Aproveita a luz natural todo o que poidas

Se tes a posibilidade, levanta as persianas nas horas de sol. Pode parecer obvio, pero non está de máis lembralo.

Deste xeito, a luz solar quentará os cristais e, con eles, a casa. Pola noite é mellor baixar as persianas para axudar a manter a calor no interior do fogar.

5. Alfombras e cortinas, si ou non?

As alfombras e cortinas non son só un elemento decorativo. Axudan a elevar a temperatura da vivenda, especialmente se son de cor escura porque absorben máis a radiación solar.

6. Mantén unha temperatura adecuada

As subidas fortes de temperatura na calefacción provocan un gasto extra. Ter a calefacción moi alta para estar en manga curta por casa non é un bo hábito, nin para a túa saúde nin para o teu peto. Ten en conta que as necesidades de temperatura non son as mesmas as 24 horas do día. Nesta época do ano, a temperatura ideal durante o día e mentres hai xente en casa é duns 20-22º.

termostato para ahorrar en calefacción en casa

Cun termostato resultarache sinxelo manter a temperatura óptima. Se é programable, moito mellor. Así poderás activar a calefacción cando esteas fóra da casa, un pouco antes chegar a ela, para atopala a unha temperatura adecuada.

Cada grao que subas a calefacción, supón un gasto adicional duns 35 euros ao ano.

7. Apaga a calefacción no seu debido momento

Salvo en casos de frío extremo, non é necesario que manteñas a calefacción pola noite. Isto permitirache reducir o gasto de forma considerable.

Se saes moito tempo de casa, tamén convén que apagues a calefacción. En cambio, se vas saír de casa durante poucas horas podes baixar a temperatura a uns 15 ou 16 graos para que non haxa un descenso brusco.

8. Non cubras os radiadores

Colocar un moble demasiado preto ou poñer roupa húmida encima para que se seque máis rápido non é recomendable se queres aforrar en calefacción. O consumo será maior e, por tanto, tamén a factura.

9. Revisa o illamento

Segundo os datos do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), entre o 25 e o 30% das necesidades de calefacción dun fogar débense a perdas de calor que se orixinan nas xanelas. Para maior aforro é importante que a vivenda conte con sistemas de illamento adecuados, que non deixen entrar o frío.

10. En casa hai habitacións en desuso?

Se a resposta é si, para non malgastar pecha a chave dos radiadores das habitacións que non utilices. Se non o fas, aumentarás o teu gasto de forma innecesaria.

 


Cóntanos, parecéronche útiles estes consellos? Hai outras medidas que apliques para aforrar en calefacción en casa?

Comparte:
CATEGORÍAS: aforro enerxía

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *