
XENERA Compañía Eléctrica xa é o patrocinador exclusivo de enerxía do RC Celta de Vigo!
O acto de firma, celebrado na sede do RC Celta, estivo protagonizado polo vicepresidente celeste Pedro Posada e Esteban Luis, director comercial de XENERA.

Deste xeito, reafirmamos o noso compromiso con Galicia e o deporte da comunidade, a maiores de compartir a afección da cidadanía viguesa co principal equipo de fútbol olívico.
Pola súa banda, Pedro Posada expresou a súa satisfacción por un acordo beneficioso para os afeccionados celestes, co engadido de que XENERA é a principal comercializadora de luz e gas 100% galega, algo que reafirma os acenos de identidade do club.
Grazas a este acordo, os novos clientes de XENERA poderán acceder, mediante sorteos, a exclusivas vantaxes co RC Celta, como entradas de Tribuna VIP, masterclass na Madroa, coñecer aos xogadores, tours polo Estadio, camisetas e balóns asinados…
Para optar a estes sorteos só se require contratar a Tarifa Balón de XENERA na web xenera.com/gl/rccelta. Trátase dunha vantaxosa tarifa de luz, coa que se poder obter ata un 18% de aforro, ademais de 20 euros de desconto na primeira factura eléctrica.
Todo son vantaxes. Coa Tarifa Balón, os simpatizantes do RC Celta poden aforrar na súa factura de luz, optar a grandes premios e apoiar ao seu equipo.
Coa firma deste acordo, convertímonos no primeiro novo socio deste ano, xa que a campaña de abonados poñerase en marcha en breve.
Ao igual que acabamos de facer co RC Celta, lembra que podes contratar a nosa Tarifa Balón para apoiar a calquera club deportivo galego, independentemente da modalidade e tamaño que teña. Elixe Tarifa Balón. É redonda.