Adeus ás lámpadas halóxenas

As lámpadas halóxenas deixan de fabricarse

Desde o pasado sábado, 1 de setembro, está prohibida a fabricación de lámpadas halóxenas na Unión Europea, aínda que de momento será posible encontrar as unidades excedentes nas tendas. Será a partir do 1 de xaneiro de 2019 cando sexa ilegal vendelas. Entón si, poderemos dicir que as lámpadas halóxenas son historia.

O obxectivo desta prohibición non é outro que o de reducir o consumo enerxético e, en consecuencia, que diminúan as emisións de CO². Agora os consumidores terán que decantarse por solucións máis eficientes e sostibles, como as lámpadas de LED. Desde logo, este cambio xerará un grande aforro enerxético.

A normativa do Parlamento Europeo que establece esta prohibición afecta ás lámpadas halóxenas clásicas, que xeralmente están feitas de cristal, emiten luz en todas as direccións, teñen casquillo E27 ou E14, así como a algunhas lámpadas non direccionais con casquillos G4 e GY6.35.

En favor da eficiencia enerxética, xa en 2012 a UE decidiu acabar de xeito definitivo coa lámpada incandescente tradicional, tras máis de 130 anos de existencia e despois dun período transitorio que comezou en 2009 coa eliminación das lámpadas de 100 W e continuou coas de 75 W. No 2016 foi a quenda dos focos halóxenos e agora chegou a das lámpadas halóxenas.

Por que as lámpadas halóxenas son menos eficientes e máis contaminantes?

As lámpadas halóxenas consumen moita enerxía e son considerablemente menos eficientes debido a que parte da enerxía que producen convértese en calor, mentres que nas LED case toda a enerxía está dirixida á produción de luz.

 As lámpadas de LED supuxeron unha revolución tecnolóxica. Son as que permiten un maior aforro enerxético, consumen menos potencia, emiten menos calor que as halóxenas, non teñen atraso de iluminación (acenden ao 100% de inmediato), proporcionan unha luz máis uniforme e teñen unha vida útil 6 veces superior ás halóxenas. Aínda que o seu prezo é máis elevado, prevese que o aumento da oferta supoña unha baixada de prezos.

Por outra banda, as lámpadas halóxenas conteñen mercurio, un elemento químico altamente contaminante para o medio ambiente, polo que coa súa desaparición tamén se evita a contaminación ambiental que producían os seus residuos.

O aforro na factura da luz

Para calcular o aforro que se vai producir na factura da luz ao pasar das lámpadas halóxenas ás de LED hai que ter en conta o número de puntos de luz dispoñibles na vivenda, cantas horas ao día están acesas, cantos días e cal é o prezo da electricidade (en kW/h). Lampadas LED vs Halogenas Segundo recolle o Diario Información, na factura da luz poderemos ter un aforro de ata 257€ ao ano (estimado para unha vivenda na que o prezo da electricidade se pague a a 0,12kW/h e que conte con 12 lámpadas acesas 8 horas ao día, todos os días do ano). A maiores, teríamos que ter en consideración o aforro en renovación de lámpadas, xa que a vida media dunha lámpada de LED é de entre 20.000 e 30.000 horas (habitualmente ao redor de 9 anos).

Sen embargo, outros medios son menos optimistas no tocante ao aforro por parte dos consumidores e recollen que a diminución no importe da factura da luz será moderado, xa que a iluminación só supón aproximadamente o 16 % do consumo eléctrico do fogar.

Sexa como for, se aínda tes en casa lámpadas halóxenas é hora de pasarte a opcións máis eficientes, non si?

Comparte:
CATEGORÍAS: luz
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14838 (10) { ["term_id"]=> int(58) ["name"]=> string(12) "iluminación" ["slug"]=> string(11) "iluminacion" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(58) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(33) "Publicaciones sobre iluminación." ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(8) ["filter"]=> string(3) "raw" }
iluminación

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *