
Á esquerda, Javier de la Cerda Ibáñez, Secretario Xeral de ADEN. Á dereita Ulises Varela, Socio Xerente de XENERA Compañía Eléctrica.
Esta semana levouse a cabo, nas oficinas centrais de XENERA Compañía Eléctrica en Vigo, a firma do acordo entre ADEN e XENERA.
A Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos e XENERA Compañía Eléctrica chegan a este acordo coa finalidade de fomentar o comercio local de electrodomésticos e favorecer o aforro de luz e gas nos fogares galegos con ofertas exclusivas.
A asociación sen ánimo de lucro ADEN agrupa a empresas de electrodomésticos coas marcas comerciais Cenor, STAR CENTER – MILAR Radio – Tiendas activa, DECORactiva, Connecta – MASTER CADENA, MASTER kitchen – TIEN 21, Confort, Euronics – expert -MILAR, Ivarte e Uniserco. Entre todas elas, supéranse os 600 establecementos en Galicia, que dan emprego a preto de 2.500 traballadores e traballadoras.
Pola súa parte, XENERA é a principal comercializadora de luz e gas 100% galega, con máis de 120 anos de historia e 40.000 clientes de enerxía.
Con esta alianza, en breve será posible solicitar unha oferta especial de XENERA en establecementos adheridos a ADEN, así como obter descontos en produtos das tendas de electrodomésticos asociadas.
Establecementos adheridos a ADEN, que participan nesta iniciativa:
• Activa en Outes (A Coruña).
• Connecta en Toén (Ourense).
• Decoractiva en Ribeira (A Coruña).
• Expert de Monforte de Lemos (Lugo), Ourense (cidade), O Carballiño (Ourense) e Celanova (Ourense).
• Master Cadena en Carballo (A Coruña), Negreira (A Coruña), Padrón (A Coruña) e Pontevedra (cidade).
• Milar en Sarria (Lugo), Vilalba (Lugo), Ribadavia (Ourense), Verín (Ourense), Pontevedra (cidade), Cambados (Pontevedra) e Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
• Tien21 de A Coruña (cidade), A Estrada (Pontevedra), Lalín (Pontevedra) e Sanxenxo (Pontevedra).