Acabamos de poñer en marcha unha intensiva campaña de publicidade exterior en Galicia, polo que estes meses poderedes ver á nosa vaquiña en autobuses urbanos, mupis, marquesinas, monopostes e valos de A Coruña, Lugo, Santiago de Compostela e Vigo.
O obxectivo é dar a coñecer o noso revolucionario produto A vaquiña polo que vale, co que ofrecemos a enerxía a prezo de custo (prezo de enerxía a custo de mercados maioristas) por só 3€/mes de xestión*.
O deseño orixinal da campaña, elaborado no ano 2016 por Javier Alés, foi adaptado agora a novos soportes.
Autobuses urbanos
Mupis
As principais novidades da campaña deste ano foron a elaboración de mupis corpóreos en Vigo, Santiago de Compostela e Lugo, nos que o raio da nosa vaquiña sobresae por riba do mupi, xunto cos mupis sénior en A Coruña (de gran dimensión).
De forma complementaria, realizáronse mupis estándar en Vigo, Santiago de Compostela e Lugo.
Mupis corpóreos
Mupis sénior en A Coruña e mupi estándar en Lugo
Marquesinas con corpóreo e estándar
A nosa vaquiña tamén está presente en algunhas das marquesinas de Vigo, Santiago de Compostela e Lugo.
Valos publicitarios
Desde o ano 2016, en que comezamos a traballar como XENERA Compañía Eléctrica -comercializadora de enerxía 100% galega– xa son máis de 25.000 fogares e empresas os que están a confiar en nós. Sen embargo, temos máis de 120 anos de historia, xa que a nosa orixe remóntase a finais do século XIX.
Se ti tamén queres formar parte da nosa historia e comezar a aforrar na túa factura da luz, podes chamar ao noso teléfono gratuíto 900 600 116 ou informarte máis sobre nós na web xenera.com. Agardámoste!