Viches o noso novo vídeo Mete A Vaquiña na Casa?

Aforra coa vaquiña na casa

Estamos de estrea! Esta semana lanzamos a campaña “Mete a vaquiña na casa”, na que abordamos a principal preocupación enerxética dos fogares galegos: o consumo de enerxía nos momentos en que máis adoitamos estar na casa, isto é entre semana, cando temos que cociñar para as comidas e ceas, ao final do día no momento sofá-peli-manta ou á hora de poñer os electrodomésticos.

Dálle ao play e descobre o noso novo vídeo!

Mantemos a nosa esencia. A nosa vaquiña segue sendo a protagonista

Como non podía ser doutro xeito, a vaca galega volve ser a principal protagonista da nosa nova campaña de publicidade e A vaquiña polo que vale segue sendo noso sinal de identidade.

A vaquiña polo que vale

Un aforro de ata 85€* no consumo de luz, nos momentos en que máis estamos na casa

Metendo á vaquiña na casa, é dicir contratando a luz con XENERA, podes aforrar ata 85 €* neses momentos en que realmente consumes. Isto é posible grazas aos nosos novos produtos de luz, cos que podes consumir cando máis o necesitas.

Para escenificalo, na nosa nova campaña a vaquiña está a acompañar a distintos tipos de usuarios, mentres realizan consumo enerxético nas súas vivendas. Así mesmo, fixemos unha chiscadela á cuestión das franxas horarias da luz, propoñendo poñer a lavadora, mesmo ao mediodía. Nada de espertar aos teus veciños, poñendo a lavadora a partir das 12 da noite! 😅

Se queres meter á vaquiña na casa, só tes que chamar ao noso teléfono gratuíto 900 533 116 ou realizar a contratación en liña en só 3 minutos, na nosa nova web, agora máis visual e intuitiva.

Ficha técnica da nosa campaña

Contámosche os datos técnicos. Quen fixo posible esta campaña?

  • Campaña: “Mete a vaquiña na casa”.
  • Peza: Spot 20”
  • Anunciante: Xenera Compañía Eléctrica.
  • Produto: Tarifas de luz A vaquiña.
  • Guión: Xenera Compañía Eléctrica.
  • Produtora do vídeo: Axencia G.
  • Realizador: Alberto Castaño.
  • Locutora: Sandra Dufayel.
  • Director de fotografía: Rodrigo Chico.
  • Arte: Sabela Pereira.
  • Foto fixa/making: Omar Romero.
  • Vaca protagonista: é rubia, pero chámase Morena 🤪

A nosa campaña nos medios

Publicaron noticia sobre a nosa nova campaña La Voz de Galicia, Faro de Vigo e Briefing Galego.

prensa_gallega_xenera

 

*Comparando co prezo máis oneroso das 10 maiores eléctricas. Ver cálculo de aforro en xenera.com/gl/aforroluz.

Comparte:

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *