Fibra+Móbil+Fixo

Aforra coas tarifas máis completas e goza de todo o que precisas nun só lugar.
dende 38.99€/mes

Móbil

As nosas tarifas móbiles máis baratas. Navega a toda velocidade!
dende 7.99€/mes

Fibra+Fixo

Mantén o teu fogar conectado coa nosa rede de fibra e despreocúpate de todo o demais.
dende 33.99€/mes

AS TARIFAS CON MELLORES PREZOS E CONDICIÓNS CON XENERA FIBER.

Presentámosche as novas tarifas de Xenera.

-Aforra coas mellores tarifas fibra + móbil + fixo e goza de todo o que necesitas nun só lugar. Todos os nosos servizos nun único produto. Tarifas desde 38.99 €/mes, coa mellor velocidade de navegación, chamadas ilimitadas e instalación de router WIFI gratis se te quedas 12 meses connosco. Elixe a perfecta para ti. Fala, navega e aforra.

-As nosas tarifas móbiles, as tarifas máis baratas de Xenera. Navega a toda velocidade e non te quedes sen datos! Desde 7.99 €/mes ao mes terás a cantidade de datos que consideres. Todos os datos de navegación e chamadas sempre ilimitadas. 

–Mantén o teu fogar conectado desde 33.99 €/mes coa nosa oferta de tarifas fibra + fixo e despreocúpate de todo o demais. Paga o que queiras elixindo a tarifa fibra e fixo que mellor se adapte a ti, sempre con chamadas ilimitadas e instalación de router WIFI gratis se te quedas 12 meses connosco.

tarifas movil baratas

"galiña vella fai bo caldo"

Galiña vella fai bo caldo, por iso en Xenera queremos trasladar a nosa filosofía de honestidade, atención ao cliente e prezos xustos ao sector das telecomunicacións. Con isto en mente, os de sempre creamos XENERA FIBER para seguir facendo o que mellor sabemos facer: pensar en ti

GÚSTANNOS AS COUSAS CLARAS:

En todos os servizos que ofrecemos (electricidade, gas e telefonía) tratamos de aclarar ao máximo as nosas accións, de maneira que apostes por nós coa máxima tranquilidade.

– Cremos nun mundo no que a túa compañía non chame para vender cousas que non necesitas. No que teñas un bo servizo a un prezo xusto. Por iso, en Xenera elixes o teu: a tarifa que mellor se adapte a ti.

– O noso servizo de atención ao cliente ofrece proximidade e empatía, só atendémosche persoas, de forma gratuíta, por teléfono, email e mediante as nosas redes sociais. Poñémoscho fácil, ti elixes como falar connosco.

– Somos honestos cos nosos clientes, ofrecéndolles sempre información clara, veraz e necesaria para a comercialización dos nosos servizos.