ENTENDENDO A TÚA FACTURA DE LUZ
As peaxes de transporte e distribución e cargos (que non debes confundir cos impostos) supoñen máis do 41% do que pagas na túa factura da luz.
Explicámosche este e outros conceptos que podes encontrar na túa factura de electricidade para que saibas a onde van a parar os teus cartos.
→ De que se compón a túa factura de luz
A factura da luz inclúe 2 grandes conceptos, que son doados de entender:
• Potencia (kw): é o termo fixo, depende dos kW contratados e págalo aínda que non acendas nunca a luz.
• Consumo (kWh): é o termo variable, pois depende do teu consumo de electricidade.
Tendo en conta estes conceptos, podemos dividir a factura en 3 bloques:
• O que pagas pola enerxía: Trátase, efectivamente, do consumo en kWh. A comercializadora (coa que tes o contrato) merca a electricidade para vendela aos seus clientes ao mellor prezo posible e tendo en conta a competencia. Aquí é onde atoparás diferenzas de prezo entre unhas compañías eléctricas e outras. A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) calcula que esta parte representa o 37,48% da factura de electricidade.
• O que pagas polas tarifas de acceso (peaxes e cargos): Existen peaxes de acceso tanto de potencia como de consumo. Inclúen o que custa o transporte e a distribución (as peaxes propiamente ditas) e outros cargos relacionados indirectamente coa subministración eléctrica. As peaxes de transporte e distribución fíxaas a CNMC, mentres que os cargos son fixados anualmente polo Ministerio de Industria y Energía. Non importa con que compañía esteas, pois terás que pagalos de todas formas e o importe será o mesmo. Supón o 41,14% da factura. Este diñeiro recádamolo as compañías eléctricas para logo darllo ao organismo regulador e que este o distribúa.
• Impostos e outros custos fixos: representan un 21,38% da factura de luz. Aquí inclúense o IVE, o imposto eléctrico e o aluguer do contador.
Estas porcentaxes son estándar, podendo variar no caso de que se inclúan outros conceptos facturables, como o suplemento territorial ou un servizo adicional de mantemento, por exemplo.
→ O que se paga coas peaxes e cargos
Dentro das tarifas de acceso inclúense varios conceptos. Por un lado, están as peaxes propiamente ditas, que cobren o custo dos servizos imprescindibles para ter subministración eléctrica, como son:
• Transportar a enerxía por redes de alta tensión.
• Distribuír a electricidade fogar a fogar, con instalación e lectura de contadores.
Estes servizos préstanos as empresas distribuidoras, que son diferentes ás comercializadoras que venden a enerxía e emiten as facturas. As distribuidoras non se poden elixir, teñen o monopolio da súa zona, polo que as súas tarifas están reguladas.
Por outro lado, están os cargos do sistema eléctrico. Son conceptos máis discutibles e continuamente está a debate se é pertinente ou non incluílos como parte das tarifas de peaxe. Divídense en:
• Retribución ás enerxías renovables coxeración e residuos (47,93% dos cargos): a partida da discordia e principal responsable do incremento das peaxes nos últimos años. En defensa das renovables hai que dicir que, ademais das evidentes vantaxes medio ambientais e do liderado español no sector, grazas a elas o prezo da enerxía non é aínda maior (frean a necesidade de centrais térmicas ou de ciclo combinado). Con todo, no está tan claro que os usuarios da electricidade teñan que soportar a totalidade destes custos, xa que o beneficio para o medio ambiente alcanza a tódolos cidadáns.
• Amortización do déficit (37,98% dos cargos): o que pagamos polas débedas de anos anteriores (o famoso déficit tarifario).
• Compensacións extrapeninsulares ou sobrecusto de xeración nos territorios non peninsulares (14,04% dos cargos): É o que se paga a Endesa para que os consumidores de Canarias e Baleares paguen prezos semellantes aos peninsulares, xa que xerar electricidade nas illas é moito máis caro. A solidariedade interterritorial en outros sectores, como o do transporte, finánciase a través dos Presupostos Xerais do Estado.
• Outros cargos (0,13% dos cargos).
Estes cargos son responsabilidade do Goberno, polo que desde 2020 as tarifas de acceso son resultado do acordo entre a CNMC e o Ministerio. Ademais de fixar que importe hai que pagar por todos estes conceptos, ambos organismos deben acordar a estrutura das tarifas, un factor que inflúe moito na repartición e a forma na que os consumidores os van a pagar.
Fonte: OCU. Actualizado por Xenera o 16/06/2021.