Enerxía verde
Apostamos polas renovables
XENERA forma parte dun grupo societario que se dedica á xeración de enerxías renovables.
Xeramos enerxías renovables
Producimos enerxía eólica e enerxía hidráulica integramente en territorio galego e fotovoltaica na provincia de Valencia. En total, contamos con 46.200 kW de potencia instalada, que se distribúen do seguinte xeito:
Enerxía eólica: coas empresas participadas do noso grupo hai un total de 31,9 megawatts (MW) de potencia instalada.
Enerxía hidráulica: cada ano xeramos 13,3 MW.
Enerxía fotovoltaica: 1 MW-ano.
Tendo en conta que, as nosas centrais hidráulicas, así como os nosos parques eólicos e fotovoltaicos están en funcionamento ao redor de 2.900 horas, vertemos á rede uns 134 millóns de kWh de enerxía ao ano.
Producimos enerxía verde para uns 50.000 fogares
Para que te fagas unha idea, un domicilio medio realiza un consumo anual de 3.000 KWh. Así que, se dividimos a enerxía que proporcionamos á rede entre este consumo medio, podemos afirmar que coas enerxías renovables que producimos, alimentamos a preto de 50.000 fogares durante todo un ano!
Ao redor de 50.000 clientes contrataron a súa subministración eléctrica con XENERA, así que as enerxías renovables que xeramos permiten abastecer ao 100% dos nosos clientes.