Quen pode contratar a Tarifa Balón e como facelo?

Calquera deportista ou afeccionado galego vinculado a un club ou organización deportiva, sempre que esta sexa unha entidade fiscal española con capacidade para facturar.

Podes contratar a Tarifa Balón nesta web ou chamando ao noso teléfono gratuíto 900 600 116. Non esquezas indicarnos o teu interese nesta tarifa. O único que che pediremos é que nos indiques cal é o club ou entidade deportiva á que queres que patrocinemos.

Esta Tarifa non é acumulable con outras promocións. XENERA Compañía Eléctrica S.A. resérvase o dereito a rexeitar solicitudes de contratación da Tarifa Balón.

Descontos da Tarifa Balón

Descontamos 20€ (impostos incluídos) na túa primeira factura de luz e patrocinamos ao teu club ou entidade deportiva, entregándolle 20€ cada ano que esteas connosco. Esta tarifa é exclusiva para novos clientes de XENERA.

No caso de que o desconto a aplicar supere o importe da factura, realizarase transferencia en positivo ao teu favor.

A Tarifa Balón ten unha permanencia de 12 meses, contados desde a data de inicio da subministración. Cada ano que sigas connosco continuaremos apoiando ao teu club ou entidade con 20€. Esta cantidade será abonada ao comezo de cada prórroga.

Se te das de baixa antes dese período, sexa cal sexa o motivo, cobraranse na túa última factura os 20€ inicialmente descontados.

Como xestionamos o patrocinio de cada club ou entidade?

En canto nos indiques o club ou entidade deportiva coa que simpatizas, poñerémonos en contacto con ela e solicitaremos a documentación necesaria para poder entregarlle os 20€ por cada persoa vinculada, que contrate a Tarifa Balón.

No seguinte botón é posible ver o acordo de colaboración, que realizaremos con cada club ou entidade deportiva patrocinada:

 

Ten en conta que o teu contrato de Tarifa Balón está vinculado a un único club. Se cambias de club ou entidade e desexas que a inicial deixe de beneficiarse, terás que dar de baixa o teu contrato -unha vez superados os 12 meses de vixencia- e asinar un novo, seguindo o mesmo procedemento que co primeiro.

Fiscalidade

En XENERA realizaremos a retención tributaria que establece a lei. Ademais, comunicaremos á Axencia Tributaria, mediante o modelo 347, a identidade dos usuarios con operacións que superen o importe determinado legalmente, dentro dun mesmo exercicio fiscal.

Xurisdición

Para resolver formalmente calquera discrepancia ou malentendido en relación coa aplicación desta tarifa, débese acudir aos tribunais ordinarios de Vigo (Pontevedra).


XENERA Compañía Eléctrica S.A. non se fai responsable dos posibles erros informáticos ou perdas de información relacionadas coa Tarifa Balón, que se produzan a través das canles para a súa solicitude.

Ante a cancelación ou calquera modificación das presentes condicións, daremos aviso con antelación a través da nosa páxina web xenera.com e/ou diversas canles de comunicación propias. Esta farase efectiva a partir do preciso instante en que estea publicada.

Se che xurdiron dúbidas sobre a Tarifa Balón, estamos á túa disposición para resolvelas!