Para participar na nosa campaña é indispensable que aceptes as presentes condicións: 

A Campaña AMIGUIÑOS é unha iniciativa que poñemos en marcha desde XENERA Compañía  Eléctrica S.A. para premiar aos nosos clientes de electricidade que recomenden a compañía aos seus coñecidos/as. 

Quen participa na campaña AMIGUIÑOS? 

  • cliente/a actual de luz de XENERA: persoa física ou xurídica que ten contratado a lo menos unha subministración de electricidade con XENERA. 
  • novo cliente/a de luz de XENERA, que proporcione o código dun cliente actual: persoa física ou xurídica que non contratou ningunha subministración de electricidade con XENERA nos últimos 12 meses, e que durante a vixencia da campaña AMIGUIÑOS, contrata a lo menos unha subministración de electricidade por recomendación dun cliente actual. 

En que consiste a campaña AMIGUIÑOS e cales son as súas normas? 

Todos os clientes de XENERA teñen un código de cliente en exclusiva, que está dispoñible nas facturas que emitimos e na área de cliente da nosa web xenera.com. 

Por cada cliente novo que contrate a luz con XENERA introducindo o código dun cliente actual, en XENERA descontaremos 20€ (impostos incluídos) na primeira factura do cliente novo e na factura* do cliente actual (unha vez emitida a primeira factura do novo).  

*Desconto de 20€ por cada factura para o cliente actual. Se máis dun amiguiño ven de parte dun mesmo cliente no mesmo período de facturación, descontamos ao cliente actual os 20€ do seu primeiro amiguiño ese mes e os seguintes en sucesivas facturas. 

En caso de que o desconto a aplicar supere o importe da factura, realizarase transferencia en positivo a favor do cliente. 

O importe de 20€ poderá ser modificado en calquera momento, con previo aviso na web xenera.com. 

Cada novo cliente de XENERA só poderá indicar un código de cliente para a súa alta e terá unha permanencia de 12 meses. En caso de que se dea de baixa antes de ese período, cobraránselle na súa última factura os 20€ inicialmente descontados. Ao cliente que realizou a recomendación non lle afecta a baixa anticipada do novo cliente. 

Se o que se da de baixa é o cliente que recomendou, só se extinguirán os posibles descontos pendentes de aplicarlle a el. 

A campaña AMIGUIÑOS non é acumulable con outras promocións e descontos de XENERA, ni para o cliente actual nin para o novo. 

Se un cliente actual quixese dar de alta un novo punto de subministración ao seu nome, poderá usar o seu propio código para obter o desconto de 20€, a non ser que xa se estea a beneficiar de outro desconto ou promoción de XENERA. 

A campaña só debe ser compartida con contactos directos dos clientes de XENERA (os teus amiguiños, familiares, compañeiros de traballo e coñecidos), polo que nos reservamos en todo momento o dereito a inhabilitar o código persoal para a campaña AMIGUIÑOS a clientes que fagan un uso abusivo ou fraudulento do mesmo. 

Non hai límite en canto ao número de veces que pode ser utilizado cada código de cliente para a campaña AMIGUIÑOS:  os descontos acumúlanse e poderás aforrar máis, cantos máis contactos teus se sumen á nosa tarifa de luz A vaquiña polo que vale.  

Non poderán beneficiarse da campaña os clientes actuais que teñan algún recibo devolto ou pendente de pago con XENERA no momento de realizar a recomendación ou no momento/s en que lle correspondería recibir o desconto. Non sería lóxico que apliquemos un desconto aos que están a deber, non crees? 

Que hai que facer para participar? 

O cliente actual só ten que localizar o seu código de cliente e indicarllo aos seus amiguiños. Estes amiguiños teñen contratar a luz con XENERA, chamando ao teléfono gratuíto 900 600 116 (non aplicable para contratación web) e facilitando o código do que xa é cliente.  

Non aceptaremos solicitudes nas que non se especifique a interese en acollerse a esta campaña ou nas que non se indique un código de cliente correcto.  

Para verificar que o cliente novo facilita un código de cliente real dun contacto seu, reservámonos o dereito a solicitarlle datos adicionais, como o nome ou a localidade do cliente actual que lle fixo a recomendación. 

XENERA Compañía Eléctrica S.A. non se fai responsable dos posibles erros informáticos ou perdas de información relacionadas coa campaña AMIGUIÑOS, que se produzan a través das canles para a súa solicitude. 

Finalización da campaña AMIGUIÑOS 

Data de remate da promoción: fin de mes. 

Poderemos suspender, rematar ou ampliar a campaña AMIGUIÑOS no momento que estimemos oportuno e sen necesidade de xustificación.  

Ante a cancelación ou calquera modificación das presentes condicións da campaña, daremos aviso con antelación a través da nosa páxina web xenera.com e outras das nosas canles de comunicación. O remate, a suspensión ou a modificación da campaña AMIGUIÑOS farase efectiva a partir do preciso instante en que estea publicado en xenera.com. 

Fiscalidade 

En XENERA realizaremos a retención tributaria que marca a lei. Ademais, comunicaremos á Axencia Tributaria, mediante o modelo 347, a identidade dos usuarios con operacións que superasen o importe determinado legalmente dentro dun mesmo exercicio fiscal. 

Xurisdición 

Para resolver formalmente calquera discrepancia ou malentendido en relación coa aplicación desta campaña, débese acudir aos tribunais ordinarios de Vigo (Pontevedra). 

Se tes algunha dúbida sobre a campaña AMIGUIÑOS, consúltanola!