Campaña AMIGUIÑOS Xenera luz y gas

Aforras ti. Aforran eles

Es cliente/a noso?

Premiamos a túa satisfacción e as recomendacións que fagas de nós. Por cada persoa que contrate a luz ou o gas con XENERA no 900 600 116 co teu código de cliente, terás un desconto de 20 €.
E ela tamén, claro 😉

Así funciona a campaña

Calquera que contrate a luz ou o gas con XENERA, indicando o teu código de cliente ou abonado, terá 20 € de desconto na súa primeira factura de luz ou de gas. Ademais, ti tamén obterás 20 € de desconto por cada un deles. Se son cinco amiguiños teus, terás 20×5=100 € de desconto!!

Home claro, amiguiños si, pero A vaquiña polo que vale.

Que hai que facer para conseguir descontos?

1. Localiza o teu código de cliente ou abonado de XENERA en calquera das nosas facturas, e-mails ou na área de clientes da nosa web xenera.com.

2. Comparte o teu código con todos os teus contactos ou amiguiños, do xeito que ti queiras: mándalles un Whatsapp, publícao nas túas redes sociais, chámaos, envíalles un e-mail ou coméntao nas vosas xuntanzas…Dilles que, cando teñan o teu código, só teñen que chamar ao teléfono gratuíto 900 600 116 para cambiar a luz ou o gas a XENERA.

3. Terás un desconto de 20 €, unha vez que se emita a primeira factura de luz ou de gas de cada un dos amiguiños que se deron de alta co teu código. Eles, ademais de aforrar por estar con XENERA, tamén recibirán un desconto de 20 € na súa primeira factura.

 

Localiza o teu código, compárteo cos teus e comezade a recibir descontos en canto contraten!

É de ben nacidos ser agradecidos…AMIGUIÑOS é un xeito de agradecer a túa confianza en XENERA e de recompensarte polas recomendacións que fagas de nós.

*Desconto de 20 € por cada factura. Impostos incluídos.

Consulta as condicións legais.