Esta web utiliza cookies con fines funcionales y analíticos. Si navegas por ella, estarás aceptando su uso. Puedes consultar todos los detalles de nuestra Política de Cookies
Más información

PERIODOS HORARIOS EN 2.0.DHA

Si realizas un 30% de tu consumo en el horario barato, ya ahorras más que con la tarifa de un solo periodo.

HORARIO EN UN DIA DE INVIERNO
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24
HORARIO EN UN DIA DE VERANO
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24

HORARIO BARATO HORARIO CARO

PERIODOS HORARIOS EN 2.1.DHA

Si realizas un 30% de tu consumo en el horario barato, ya ahorras más que con la tarifa de un solo periodo.

HORARIO EN UN DIA DE INVIERNO
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24
HORARIO EN UN DIA DE VERANO
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24

HORARIO BARATO HORARIO CARO

BASES DO SORTEO UN ANO DE LUZ GRATIS CON XENERA -NOVEMBRO 2018-

BASES PROMOCIONALES

XENERA COMPAÑÍA ELÉCTRICA, S.A. (en diante XENERA), con CIF A94071727, pon en marcha entre todos os seus clientes de electricidade o sorteo denominado “Un ano de luz gratis con XENERA” (en diante sorteo), que se divulgará na Televisión de Galicia, nas súas páxinas web (xenera.com, avaquina.com e avaquinasalebarata.com), así como nas súas redes sociais: Facebook,Twitter xenera e Twitter avaquina e Instagram, entre outras.

Ningunha destas canles patrocina, nin avala, nin administra de ningún xeito este concurso. Esta promoción axústase ás seguintes bases:

1. DURACIÓN E ÁMBITO DE APLICACIÓN

A presente promoción comeza o luns 5 de novembro de 2018 e finaliza o mércores 14 de novembro de 2018, se ben haberá unha posta en escena do sorteo no programa da Televisión de Galicia “Land Rober”, o xoves 15 de novembro de 2018. Esta promoción é válida en toda España Peninsular, exclusivamente para os clientes particulares de subministración de electricidade de XENERA Compañía Eléctrica S.A.

2. REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN

Entrarán a participar no sorteo todas as persoas que a mércores 14 de novembro de 2018 sexan clientes de tarifas domésticas de electricidade de XENERA. Cada cliente obterá automaticamente, sen necesidade de aceptación previa, unha participación para o sorteo.

3. MECÁNICA

As persoas que non sexan clientes particulares de electricidade de XENERA e desexen participar no sorteo, poden solicitar a súa alta a través da páxina web xenera.com ou chamando ao teléfono gratuíto 900 600 116. Para poder optar ao premio, é indispensable estar dado de alta como cliente particular de XENERA na subministración de electricidade.

4. PREMIO

1. A empresa organizadora, XENERA, sortea un (1) ano de luz gratis, cun consumo máximo de mil euros (1.000,00 €) no total das facturas de luz correspondentes a 12 meses de consumo (impostos incluídos).

2. O sorteo realizarase ante o notario Javier Fernández Rodríguez, o mércores 14 de novembro de 2018.

3. O nome do gañador (sen apelidos e xunto co número de cliente) darase a coñecer no programa da Televisión de Galicia Land Rober, na súa emisión do xoves 15 de novembro de 2018, formando parte dun momento interno promocionado por XENERA.

XENERA está excluída de calquera responsabilidade que se derive da comunicación do nome e código de cliente do/a gañador/a por televisión.

O venres 16 de novembro de 2018, XENERA tratará de poñerse en contacto co gañador/a, a través das vías de contacto facilitadas para a súa ficha de cliente (teléfono, enderezo electrónico e/ou enderezo postal) para comunicarlle que resultou gañador/a do sorteo.

En caso de non poder contactar coa persoa premiada, cun mínimo de cinco (5) intentos en tres (3) días diferentes, volverase a realizar o sorteo pasados 7 días do sorteo anterior, comunicándoo ao novo/a gañador/a, a través das vías de contacto facilitadas polo cliente (teléfono, enderezo electrónico e/ou enderezo postal), sen que se volva a emitir na Televisión de Galicia.

Realizaranse un máximo de tres (3) sorteos, declarándose deserto en caso de non poder contactar con ningún dos premiados nas condicións anteriormente indicadas.

O gañador/a pode ser elixido sen ter coñecemento da existencia do sorteo, polo que para que a entrega do premio se faga efectiva, en canto XENERA se poña en contacto co gañador/a, facilitaralle as presentes bases para a súa lectura e aceptación, que é indispensable.

4. A entrega do premio realizarase na data e hora acordada por parte de XENERA e da persoa gañadora do sorteo.

5. No momento da entrega do premio solicitarase ao gañador/a que se identifique mediante un documento oficial de identidade.

6. A persoa gañadora deberá permitir a difusión das fotografías e vídeos realizados no momento da entrega do premio, a través das canles que XENERA estime oportunas.

5. PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

En base á Ley 34/2002 de Servicios de la Sociedad de la Información y de Comercio Electrónico (LSSICE), ao Reglamento General de Protección de Datos de la UE (RGPD), de 27 de abril de 2016, e a Ley Orgánica 15/1999 do 13 de diciembre de 1999 de Protección de Datos de Carácter Personal, os datos persoais, así como os contidos e comentarios resultantes da participación neste concurso serán tratados conforme ao que estableza a propia lexislación aplicable.

Xenera Compañía Eléctrica, S.A. (responsable do ficheiro) comunica que a información será tratada unicamente con fins comerciais e publicitarios relacionados con produtos da propia compañía, non sendo esta información nunca cedida a outra empresa. O participante pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición en calquera momento, mediante escrito dirixido á Rúa Policarpo Sanz, 21 baixo, CP 36202, Vigo(Pontevedra) ou por correo electrónico a marketing@xenera.com

6. RESPONSABILIDADES

XENERA resérvase o dereito de anular calquera participación ou a calquera participante, se se teñen sospeitas dunha manipulación indebida dos datos do concurso.

XENERA non se responsabiliza das posibles perdas de datos por problemas de correo electrónico o polo mal funcionamento de Internet ou as redes sociais.

XENERA está excluída de calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que, a pesar das medidas de seguridade adoptadas, puidesen deberse á utilización indebida dos servizos e dos contidos por parte dos usuarios, e, en particular, aínda que non de forma exclusiva, polos danos e prexuízos de toda natureza que podan deberse á suplantación de identidade dun terceiro, efectuada por un usuario en calquera clase de comunicación relacionada co sorteo.

Igualmente, a entidade está excluída de toda responsabilidade polos danos e prexuízos de calquera natureza que puidesen deberse ao uso indebido, manipulación ou mutilación que usuarios ou terceiros non autorizados puidesen realizar respecto do contido xeral das presentes bases, así como da vulneración dos dereitos de propiedade intelectual que puidesen producirse, por falta de cumprimento das esixencias establecidas en estas bases.

XENERA resérvase o dereito para efectuar cambios que redunden na finalidade do sorteo, cando ocorra causa xusta ou haxa motivos de forza maior que impidan levalo a cabo na forma en que recollen as presentes bases.

XENERA resérvase o dereito de aprazar ou ampliar o período do concurso, así como a facultade de interpretar as presentes bases legais.

Así mesmo, a empresa organizadora quedará exenta de toda responsabilidade se concorre algún dos casos sinalados, así como de calquera responsabilidade polos danos e prexuízos que puidesen ocasionarse durante o goce do premio.

TELEFONO GRATUITO
900 600 116


XENERA Compañia Eléctrica © 2018.
Todos los derechos reservados.

¿Te llamamos?

TEN A MANO TU FACTURA DE LA LUZ PARA PODER REALIZAR EL ANÁLISIS DE AHORRO.

He leído y acepto la información adicional de protección de datos Ver